Aula Castelao de Filosofía
A Aula Castelao de Filosofía é unha asociación constituída a través dunha acta o 26 de setembro de 1983 en Pontevedra con tres obxectivos principais: renovación, galeguización e participación.
Aula Castelao de Filosofía | |
---|---|
Tipo | asociación cultural |
Data de fundación | 1982 |
Nomeado en referencia a | Alfonso Daniel Rodríguez Castelao |
Sede | Pontevedra |
País | Galicia |
Na rede | |
http://aulacastelao.gal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Obxectivos
editarOs membros fundadores da Aula eran principalmente ensinantes que sentían a necesidade dunha renovación no ensino na súa forma didáctica, temática e metodolóxica. Esta «anovación» no eido educativo tratará polo tanto nos contidos específicos de cada materia (eidos temáticos), a loita por un mellor modo de achegarnos os outros e de achegar o noso traballo (eido didáctico) e a loita por unha teoría que sistematice e xustifique contidos e presente un material que as técnicas didácticas poidan tratar de comunicar e elaborar (eido metodolóxico). Así como a necesidade de plasmar o eixo deste nunha realidade histórica, conflitiva e contextual, e non aquela ofrecida polos programas que era sobre todo de carácter metafísico, neutral e abstractos, unha educación non politizada e polo tanto alienada dunha realidade que esixe intervención e implicación.
Este traballo non é excluínte e redutible ó ensino senón que funciona como algo aberto para todo o mundo e aplicable na súa vida e traballo. A incorporación de persoas que sintan crítica e autocríticamente coma unha especie de busca, loita e superación. Esta «anovación» implicábase ca galeguización, sobre todo no eido filosófico mais tamén extensible a outros campos do saber , tratará de conciliar a “particularidade” ca “universalidade” A filosofía, e o saber en xeral, ten que xurdir dunha “praxe” e tratar de crear unha “teoría” que sirva para continuar o traballo, acción que, a súa vez, pode, e debe, axudar á modificación da teoría para que sirva para novas aportacións e direccións. Só tendo en conta a realidade concreta e o momento en que se produce a mesma se poderá avanzar e camiñar cara unha “universalidade”, sempre limitada, onde todos sexamos, vivamos e entendámolo “ser”. O propio logos da realidade galega e non a universalización e homoxeneización da realidade occidental.
Por ilo é preciso esta liberación, mediante unha nova construción filosófica para o que era preciso ter coñecemento do noso “ser histórico” (cas súas propias tradicións, mitos, narracións, historias, ritos...). Así mesmo, sacar a filosofía da academia e impregnala e confrontala coa realidade social da que falamos.
Producións
editarA Aula Castelao levou a cabo unha numerosa cantidade de conferencias e ciclos , tamén tomou parte en diversos congresos, xornadas pedagóxicas, foros... así como a creación dunha páxina web na que está rexistrada unha considerable suma de documentos,gravacións en casete e filmada, traballos inéditos, dosieres de prensa, ficas bibliográficas, correspondencia etc. Tamén na súa función divulgativa cabe destacar e enumerar as publicacións, consistentes en xornais, seminarios, revistas, radio, televisión, portais... Membros da asociación realizaron unha serie de edicións (colectivas e individuais) de investigacións sobre pensadores galegos e estranxeiros como : Celso Emilio Ferreiro, Bouza Brey, Xoán Vicente Viqueira, Amor Ruibal, Indalecio Armesto, Ricardo Mella, J.P.Sartre, Erich Fromm, Garaudy...
Ensaios editados
editar- Antón Losada, Teoría e Praxe (Vigo,1984, 2ª ed. Esgotada)
- O pensamento galego na historia. Aproximación crítica (Santiago de Compostela, 1992, 2ª ed.)
- Postmodernidade e Poder (Vigo,1989)
- América Latina. Entre a realidade e a utopía (Xerais, Vigo, 1992)
- Filosofía e Xénero (Xerais, Vigo, 1996)
- Filosofía e Lingua (Laiovento, Compostela, 1997)
- Globalización e Cambio de Milenio (Xerais Universitaria, Vigo, 2001)
- Filosofía e Compromiso (Espiral Maior, A Coruña, 2004)
Semanas galegas de filosofía
editarA Aula Castelao organiza dende 1984 a Semana Galega de Filosofía. Grupos de amigos filósofos e profesores do Ensino Medio foron aqueles que emprenderon este proxecto e que hoxe en día proporciona un espazo e foro crítico e aberto a totalidade de niveis do ensino e outros sectores sociais que teñan por meta o exercicio de autocrítica da razón. Figuras destacables como por exemplo: Celia Amorós, Manuel Rivas, Xosé Luís Méndez Ferrín, Ramón Regueira... As Semanas Galegas de Filosofía son o intento de levar esta renovación á práctica mediante tres obxectivos: a interculturalidade, a interdisciplinaridade (diversos saberes, aspectos, conflitos, tradicións...) e finalmente a vitalidade ou materialidade (se cede a palabra a persoas con imaxinacións, desexos e frustracións concretas).
Presidentes
editarOs seus presidentes e presidentas ao longo da súa constitución:
- Ramón Regueira Varela, 1982-1993.
- Domingos Antón García Fernández, 1994-1998.
- Carme Adán Villamarín, 1999-2005.
- Fernando Pérez López, 2005-2006.
- Xulio Leal Carreira, 2006-2008.
- Carlos Calviño Barreiro, 2009-2013.
- Ana Ruth Regueira García, 2014-2020.
- Alexandre Cendón González, 2020.
Recoñecementos
editar- Premio Cidade de Pontevedra en 2005.
- Pedrón de Ouro en 2006.
- Premio Xoán Manuel Pintos en 2011.