Ramón Regueira
profesor e filósofo galego
(Redirixido desde "Ramón Regueira Varela")
Ramón Regueira Varela, nado en Melide (parroquia de San Salvador de Camba de Rodeiro) o 10 de marzo de 1943,[1] é un profesor e filósofo galego.
Ramón Regueira | |
---|---|
Nacemento | 10 de marzo de 1943 |
Melide, San Salvador de Camba, Rodeiro | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Salamanca |
Ocupación | profesor e filósofo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Licenciado en Teoloxía pola Universidade Pontificia de Salamanca e Filosofía pola Universidade de Salamanca (1967). Catedrático de Filosofía de Ensinanzas Medias. Foi profesor de Filosofía no Instituto Feminino de Lugo e despois en Pontevedra. Fundou varios grupos de reflexión crítica: un grupo de filósofos que fixeron filosofía en galego, Grupo de Lugo (1976). Cooperou co grupo Escola Aberta (1978). Foi fundador e primeiro presidente da Aula Castelao de Filosofía (1982) e do grupo Soán (1990).
ObrasEditar
- Xoán Vicente Viqueira: Teoría e praxe, 1992.
- Xosé Neira Vilas: narrador, poeta, xornalista, historiador da nosa emigración, 2002.
Obras colectivasEditar
- Introducción á filosofía, 1979.
- Historia da Filosofía, 1980.
- Antón Losada: Teoría e praxe, 1984.
- O pensamento galego na Historia. Aproximación crítica, 1989.
- Filosofía e compromiso, 2004.
- Crisis de la modernidad y filosofías ibéricas, 2013.
NotasEditar
- ↑ "Un concello con nombres propios", La Voz de Galicia, 12-6-1999, p. 41
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Santorum, Gracia (2009). Fervenza, ed. Dicionario de escritores de Deza. A Estrada. p. 91. ISBN 978-84-96368-00-2.