Un mapamundi (do latín mappa mundi, «mapa do mundo») é unha representación cartográfica, é dicir, un mapa de toda a superficie da Terra. O material sobre o que se representa adoita ser papel ou pel. Dependendo da súa forma, un mapamundi pode ser un globo terráqueo, que reproduce a escala a forma practicamente esférica; ou un planisferio terrestre, que reproduce a escala o resultado teórico dalgún tipo de proxección xeográfica da esfera terrestre nun plano. Existen planisferios celestes para a representación das estrelas.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar