Idea

imaxe ou concepto mental

Unha idea (do grego είδον eidon: 'eu vin') é unha imaxe que existe ou se forma na mente. A capacidade humana de contemplar ideas está asociada á capacidade de raciocinio, autorreflexión e a habilidade de adquirir e aplicar o intelecto. As ideas dan lugar ós conceptos, que son a base de calquera tipo de coñecemento, tanto científico como filosófico. Non obstante, nun sentido popular, unha idea pode suscitarse mesmo en ausencia de reflexión, por exemplo, ó falar da idea dunha persoa ou dun lugar.

Definición

editar

Unha idea é un termo filosófico que se pode analizar baixo catro puntos de vista segundo José Manuel Fernández Cepedal (19502001):

  • Lóxico: a idea é un concepto que ten un significado.
  • Ontolóxico: a idea é algo material que existe no mundo real.
  • Transcendental: a idea é unha posibilidade do coñecemento.
  • Psicolóxico: a idea é unha representación mental subxectiva.

Ideas platónicas

editar

Platón sitúa as ideas no mundo intelixible, porque segundo el son a única fonte de verdadeiro coñecemento, ó ser:

  • Infinitas
  • Eternas
  • Inmutables (non cambian)
  • O seu coñecemento leva á verdade universal

Racionalismo

editar

Os racionalistas inclináronse pola solución innatista: atribúen as ideas á Naturaleza do home.

Os empiristas sosteñen que a orixe das ideas hai que buscala na experiencia sensible; esta é a encargada de encher de contidos (ideas) a mente. Idea sería un contido mental resultado da acción dos estímulos sobre os sentidos do suxeito.

Clases

editar

Racionalismo

editar

Os racionalistas distinguen entre ideas claras, escuras, distintas, entre outras.

Empirismo

editar

Os empiristas distinguen entre ideas de sensación e de reflexión, entre ideas simples e complexas; a natureza só proporciona ideas particulares; as xerais son produto da mente.