Xoán Vicente Viqueira
Xoán Vicente Viqueira Cortón,[1] nado en Madrid o 22 de outubro de 1886 e finado na Lagoa (Ouces, Bergondo) o 29 de agosto de 1924,[9] foi un filósofo, psicólogo e pedagogo galego, conferenciante con sona de excelente orador, alumno da Institución Libre de Enseñanza, tradutor de autores europeos ao castelán, membro das Irmandades da Fala e participante nas asembleas nacionalistas. O nacionalismo galego de Viqueira era democrático, republicano, federal, socialista e laico, en contraposición co galeguismo conservador e católico de Vicente Risco.[14] No ano 1974 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.
Nome orixinal | Xoán Vicente Viqueira Cortón [1] Xoán Vicente Viqueira López-Cortón [4] Johán Vicente Viqueira [5][3][6] Xoán [Johan] Vicente Viqueira López-Cortón[7] Xoán Johan Viqueira López-Cortón [8] Xohán Vicente Viqueira [9][10][11][12] Joam Vicente Viqueira [13] Vicente Viqueira [3] |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 22 de outubro de 1886 Madrid, España |
Morte | 29 de agosto de 1924 (37 anos) A Lagoa, España |
Causa da morte | osteomielite |
Lugar de sepultura | San Xoán de Ouces [12] |
Educación | Institución Libre de Enseñanza |
Actividade | |
Ocupación | Catedrático de ensino secundario |
Empregador | Irmandades da Fala |
Xénero artístico | Poesía, ensaio |
Familia | |
Cónxuxe | Jacinta Landa Vaz [9] |
Fillos | 3 (Luísa, Jacinto e Carmen) [14] |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarDe familia galega, neto de José Pascual López Cortón e sobriño político de Manuel Bartolomé Cossío,[12] foi fillo do matrimonio entre Vicente Viqueira, militar destinado en Madrid, e Luisa López-Cortón Viqueira, tío materno e sobriña o un da outra, respectivamente, que se separarían ao pouco.[15] Cuns meses de idade trasladárono a Galicia, primeiro á Coruña e despois a Vixoi, Bergondo, onde viviu ata os doce anos.[16] Fixo os estudos primarios e os secundarios na vila de Betanzos. En 1898, volveu a Madrid para estudar na Institución Libre de Enseñanza, o que o puxo en contacto co pensamento científico moderno.
Dende os 15 anos sufriu unha doenza crónica nos cadrís, unha tuberculose ósea[15] que lle provocou unha dolorosa osteomielite,[8] polo que pasou épocas inmobilizado. O 26 de xuño de 1905 acadou o grao de bacharel como alumno libre do Instituto Eusebio da Guarda, daquela Instituto da Coruña.[8]
Por causa da enfermidade, dende 1902 pasou estancias en París,[16] onde foi operado por dúas veces. Na Universidade da Sorbona escoitou a Henri Bergson e asistiu ás clases de Célestin Bouglé, Émile Durkheim, Ranh, Georges Rodier e Ernest Martinenche.[8] O 13 de xuño de 1911 obtivo o grao de licenciado en Filosofía pola Universidade de Madrid onde tamén fixo o doutoramento.[16]
Foi bolseiro da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas, e ampliou estudos en Alemaña, nas universidades de Berlín e Leipzig, asistindo ás clases de Georg Simmel, Alois Riehl, Ernst Cassirer e Wilhelm Wundt, e na Universidade de Gotinga, onde asistiu aos cursos de Edmund Husserl e outros, ata 1914.
Ese verán, ao estalar a Primeira guerra mundial, volveu a España. Logo de dar clase na Institución Libre de Enseñanza con Francisco Giner de los Ríos, Luis Simarro e José de Caso y Blanco, en abril de 1917 obtivo por oposición a cátedra de psicoloxía do Instituto de Santiago de Compostela, e ese mesmo ano conseguiuna tamén no Instituto da Coruña onde a mantivo até a morte, en 1924.[16] A fin de ano trasladouse ao Instituto da Coruña, alí ingresou nas Irmandades da Fala, chegando mesmo a ser elixido conselleiro primeiro o 2 de abril de 1922 [17] das Irmandades logo da súa ruptura e a aparición da Irmandade Nazonalista Galega de Risco, e colaborou con A Nosa Terra.
Vida persoal
editarCasou o 6 de maio de 1917 coa profesora estremeña e tamén institucionista, de orixe portuguesa, Jacinta Landa Vaz (Badaxoz 1894 - México 1993) e foron de viaxe de noivos a Portugal. Tiveron tres fillos, que trala Guerra Civil acabaron coa súa nai no exilio en México: Luísa[18] (A Coruña 1918 - México 2014, bióloga), Jacinto (Badaxoz 1921 - México 2014, enxeñeiro) e Carmen[18] (Badaxoz 1923 - México 2010, antropóloga).
Creación literaria
editarViqueira escribiu en castelán obras sobre filosofía, psicoloxía e pedagoxía como Introducción a la Psicología pedagógica, Elementos de Ética, Lecciones elementales de historia de la Filosofía, Ética y Metafísica, La Psicología contemporánea e traducións de Teócrito, Immanuel Kant ou David Hume. A maioría da produción en galego de Viqueira editárona os seus amigos no volume Ensayos y Poesías en 1930 (Editorial Nós), reeditado por Galaxia en 1975. Como poeta escribe sempre en galego excepto uns versos titulados "Badajoz" nos que canta á terra da súa muller.
A obra galega de Viqueira centrouse sobre todo no sistema educativo, na súa galeguización e na súa reforma, así como na ortografía do galego que Viqueira quería que se achegase á portuguesa, o artigo publicado en A Nosa Terra en 1918 Pol-a reforma da ortografía, considérano algúns o nacemento do reintegracionismo.[14]
Obras
editar- Vicente Viqueira. La enseñanza de la psicología en las Universidades alemanas. JAE. 1915.[20]
- Vicente Viqueira. Un nuevo factor de la memoria de identificación, JAE, Tipografía de Fortanet. 1916.[20]
- J. V. Viqueira. Introducción a la psicología pedagógica. Francisco Beltrán. 1919.[21]
- Vicente Viqueira. Tratado de la naturaleza humana, 3 t., tradución do orixinal (en inglés) de Hume. Calpe. 1923.[22]
Póstumas, recompilacións e reedicións
editar- J. Vicente Viqueira. La psicología contemporánea. Colección Labor. 1930.[23]
- J. V. Viqueira. Ensayos y poesías, Nós, 1931.[24]
- Xoán Vicente Viqueira. Escolma de traballos. Publicacións da RAG. 1974[25].
- Xan Vicente Viqueira. Escolma de prosa e verso. Secretariado de Publicacións da USC. 1974.
- Xohán Vicente Viqueira. Da Galicia de mañá. Galaxia. 1974.[12]
- Xohán Vicente Viqueira. Ensaios e poesías. Galaxia. 1974.[9]
- Con textos en castelán e galego, incluíndo os seguintes (véxase a listaxe completa en Wikisource):
|
|
- J. V. Viqueira. Ensaios. Biblioteca 114, El Correo Gallego, n.º 64, 1991.
- Ensaios sobre Galicia (2022). Vigo: Galaxia. 306 páxs. ISBN 978-84-9151-777-1. Prólogo de Narciso de Gabriel.
- João Vicente Biqueira (1924-2024). Poemas e ensaios (2024). Através Ed. Edición de António Gil Hernandez.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Xoán Vicente Viqueira.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Figuras homenaxeadas. Xoán Vicente Viqueira". Real Academia Galega.
- ↑ Fernández del Riego, F. (1971) [1951]. Historia da Literatura Galega (2ª ed.). Vigo: Galaxia. pp. 176–177.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Gómez Sánchez, A.; Queixas Zas, M. (2001). Historia xeral da literatura galega (1ª ed.). A Nosa Terra. pp. 188, 200, 232–233. ISBN 84-95350-79-3.
- ↑ "Viqueira López-Cortón, Xoán Vicente". Diccionario enciclopédico galego universal 59. Ir Indo para La Voz de Galicia. p. 107. ISBN 84-7680-429-6.
- ↑ Vilavedra, D. (coord), Cochón, I. et al (1995). Diccionario da Literatura Galega, volume I (Autores), pp. 620. Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.
- ↑ Johán Vicente Viqueira. Biblioteca Virtual Galega Universidade da Coruña.
- ↑ "Viqueira López-Cortón, Xoán [Johan] Vicente". Enciclopedia Galega Universal 16. Ir Indo. p. 390-391. ISBN 84-7680-288-9.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 "Viqueira López-Cortón, Xoán Johan". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo. pp. 318–319.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 9,5 Ensaios e poesías con prólogo de García-Sabell (1974). Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-222-C
- ↑ 10,0 10,1 Rivas García, Manuel et al.: "Viqueira, Xohán Vicente" na Gran Enciclopedia Galega.
- ↑ "Viqueira, Xohán Vicente". Diciopedia do século 21 3. Edicións do Cumio, Galaxia e Ediciós do Castro. 2006. p. 2185.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 Xohán Vicente Viqueira. Da Galicia de mañá. Galaxia. 1974.
- ↑ Rodríguez, José Luís «Galiza-Portugal (neo-)trovadores e questons lingüísticas conexas» (en portugués) en Aula Ibérica (2008). Universidade de Salamanca.
- ↑ 14,0 14,1 14,2 Miragaia, Manuel "Johán Vicente Viqueira; recuperarmos a un grande patriota" Arquivado 01 de maio de 2018 en Wayback Machine. Terra e Tempo, 10/4/2010.
- ↑ 15,0 15,1 Gurriarán, Ricardo (2006). Ciencia e conciencia na universidade de Santiago, 1900-1940: do influxo institucionista e a JAE á depuración do profesorado USC.
- ↑ 16,0 16,1 16,2 16,3 Veiga do Campo 1969, p. 9.
- ↑ Ínsua, Emilio; Martínez, Xurxo (2018). Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte. Vigo: Xerais. p. 265. ISBN 978-84-9121-304-8.
- ↑ 18,0 18,1 Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. Edicións A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-146-9.
- ↑ Resolución … por la que se acuerda tener por incoado expediente de declaración de monumento histórico-artístico a favor de la «Quinta de San Victorio»…
- ↑ 20,0 20,1 Anales de la Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas
- ↑ Ficha de Introducción a la psicología pedagógica no Proxecto Meiga (Fundación Penzol).
- ↑ Tratado de la naturaleza humana Arquivado 11 de outubro de 2016 en Wayback Machine. imaxe das portadas.
- ↑ La psicología contemporánea Imaxe da portada.
- ↑ 24,0 24,1 Iglesias, Xabier: Os libros de Ánxel Casal 12/1/2014.
- ↑ Vicente Viqueira, X. (1974). González López, E., ed. Escolma de traballos. Real Academia Galega.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Blanco Trejo, F. (1996). ""J. V. Viqueira", pp. 269-282, en Personajes para una historia de la psicología en España UAB.
- Blanco Trejo, F. e Rosa, A.: "La visión de Viqueira sobre la psicología infantil y pedagógica "[Ligazón morta], pp. 117-126, en Revista de historia de la psicología, v. 10, n.º 1-4, 1989.
- Costa Rico, Antón (1996). A reforma da educación. X. V. Viqueira e a historia da psicopedagoxía en Galicia, Ediciós do Castro, Sada.
- García Soto, Xosé Ramón (2010). «Los Estudios sobre la Infancia y el Lenguaje Infantil en el Seminario...» UBU (en castelán)
- Martínez, N. e Mülberger, A.: "Una aproximación a la experiencia de Viqueira en Göttingen", pp. 115-122, en Revista de historia de la psicología, v. 29, n.º 3-4, 2008.
- Porto Ucha, Anxo Serafín (1986). La Institución Libre de Enseñanza en Galicia. Ediciós do Castro, ISBN 84-7492-311-5.
- Prieto Alonso, D. (2000). «Planificaçom lingüística do galego: Vicente Viqueira, mestre de dom Ricardo» en J. L. Rodríguez (ed.) Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero, pp. 267–281, USC.[1]
- Regueira Varela, Ramón (1992). X. V. Viqueira: Teoría e praxe, Padrón, Novo Século.
- Santiago Pérez, M. J. de, Dosil Maceira, Agustín: "Juan Vicente Viqueira e Eloy Luís André: dous psicólogos galegos de principios de século", en EDUGA, nº 14, febreiro 1997.
- Torres Regueiro, Xesús (1987). Xoán Vicente Viqueira e o nacionalismo galego. Sada: Ediciós do Castro.
- Veiga do Campo, Luis, pseu. de Piñeiro, Ramón (1969). Xohan Vicente Viqueira : vida, personalidade, pensamento. Buenos Aires.
- Villar Ponte, Ramón (1951). A xeración do 16 Arquivado 04 de febreiro de 2017 en Wayback Machine. Discurso de ingreso na Real Academia Galega.
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Xoán Vicente Viqueira |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xoán Vicente Viqueira |
A Galicitas posúe citas sobre: Xoán Vicente Viqueira |
Outros artigos
editar- I Asemblea Nacionalista
- III Asemblea Nacionalista
- Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas