José Pascual López Cortón

comerciante, escritor e mecenas galego

José Pascual López Cortón, nado en Cedeira en 1817 e finado na Coruña o 15 de xaneiro de 1878, foi un comerciante, escritor e mecenas galego.

José Pascual López Cortón
José Pascual López Cortón.jpg
Nacemento1817
 Cedeira
Falecemento15 de xaneiro de 1878
 A Coruña
Soterradocemiterio de Santo Amaro da Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmecenas, escritor e comerciante
CónxuxeJulia Viqueira Flores-Calderón
Fillos3: Carmen, Luisa e José
Firma López Cortón.jpg
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

 
Album de la Caridad. Juegos Florales de La Coruña en 1861.[1]

Era neto de Manuel Cortón y Neira, militar que participara na guerra de independencia contra os franceses. Ao finarlle o pai, José Luis López, con doce anos de idade marchou a Porto Rico, onde viviu na casa dun tío e fixo fortuna, probablemente coa compra-venda de escravos negros.[2] De volta, casou coa compostelá Julia Viqueira e reedificou un pazo en San Fiz de Vixoi, Bergondo.

A pedimento de Benito Vicetto, organizou os primeiros xogos florais de Galicia, o 2 de xullo de 1861 na Coruña, e encargou a Antonio de la Iglesia a elaboración do Álbum de la Caridad, que recolleu os traballos deses xogos así como outros doutros autores galegos do momento e seis composicións do propio López Cortón.[3] Os beneficios da venda dos exemplares desta publicación destináronse ao hospicio provincial, por mediación da súa presidenta, Juana de Vega.[4]

López Cortón foi un dos primeiros promotores da Institución Libre de Enseñanza en Galicia.[5]

Tivo tes fillos: Carmen[6] (que casaría en 1893 con Manuel Bartolomé Cossío), Luisa (que sería nai de Xoán Vicente Viqueira) e José (enxeñeiro).[2]

 
A la señorita doña María de Jesús Natividad Blume y Othon (pdf).

ObraEditar

RecoñecementosEditar

A Real Academia Galega fíxolle unha homenaxe no camposanto de Santo Amaro no centenario do pasamento[4] e, dende 2009, unha rúa da Coruña leva o seu nome.[11]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Album de la Caridad. Juegos Florales de La Coruña en 1861, seguido de un mosaico poético de nuestros vates gallegos contempornáneos Galiciana. Biblioteca de Galicia.
  2. 2,0 2,1 Salgado, Fernando: "El indiano López Cortón" La Voz de Galicia (en castelán). 12 de xullo de 2015.
  3. Vilavedra, D., ed. (1995). "López Cortón, José Pascual". Diccionario da Literatura Galega I. Galaxia. p. 334. ISBN 84-8288-019-5. 
  4. 4,0 4,1 Naya Pérez, Juan. "López Cortón, José Pascual". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. 
  5. "López Cortón, Xosé Pascual" en Enciclopedia galega universal, t. 11, p. 246.
  6. Marco, Aurora: Carmén López-Cortón no Álbum da Junta para Ampliación de Estudios, CCG.
  7. A Galicia en Galiciana. Biblioteca de Galicia.
  8. A la señorita doña María… en Galiciana. Biblioteca de Galicia.
  9. "A mi prima la señorita Doña Carolina…" en Galiciana. Biblioteca de Galicia.
  10. Cantares políticos en Galiciana. Biblioteca de Galicia.
  11. "Garcés homenajea a López Cortón en la inauguración de la calle que lleva su nombre". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de outubro de 2009. Consultado o 20 de febreiro de 2016. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar