Fernando Salgado García
Juan Fernando Salgado García, nado en Monterroso o 28 de marzo de 1953, é un xornalista e político galego.
Fernando Salgado García | |
---|---|
Nacemento | 28 de marzo de 1953 |
Lugar de nacemento | Monterroso |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade Complutense de Madrid |
Ocupación | xornalista e político |
Fillos | Daniel Salgado |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Licenciouse en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid. Foi cronista do Congreso dos Deputados (1976-1980). Traballou como xornalista en Mundo Obrero, La Voz de Galicia (redactor e xefe da sección de Economía entre 1981 e 1987) e foi director de El Progreso (1994-2000). Tamén foi delegado da Corporación Voz de Galicia en Lugo.
Entre 1987 e 1990, durante o goberno tripartito de Fernando González Laxe, foi nomeado conselleiro de Economía e Facenda. Foi secretario xeral da Fundación Galicia-Europa (1988-1990), deputado no Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE (1989-1994) e Secretario xeral de Comunicación da Xunta de Galicia (2005-2009).
En 1991 comezou a traballar como profesor de estrutura económica na Universidade da Coruña, e despois foi profesor na facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.
En 1986 recibiu o Premio Galicia de Xornalismo Económico.
Predecesor: Carlos Otero Díaz |
Conselleiro de Economía e Facenda 1987 - 1990 |
Sucesor: Xosé Antón Orza |
Obra en galego Editar
Ensaio Editar
- Lorenzo Varela: crónica dunha vida atormentada, 1995, Edicións do Castro.
- Lorenzo Varela: a voz desterrada, 2005, Edicións do Castro.
- Lorenzo Varela: memorias incompletas, 2005, La Voz de Galicia.
Narrativa Editar
- O Jalisco, 2001, Ir Indo.
Edición Editar
- Vinte e nove cartas de Lorenzo Varela, 2005, Edicións do Castro.
Obras colectivas Editar
Obra en castelán Editar
Ensaio Editar
- El Estatuto de Galicia, 1976.
Obras colectivas Editar
- Cuadernos Galicia-CEE. Sector lácteo, con Xaime García e Xosé Colino, 1986.
Vida persoal Editar
É pai do poeta e xornalista Daniel Salgado.
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Salgado García, Fernando". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 527. ISBN 84-8064-113-4.