Luísa Viqueira Landa

bióloga e activista galega

María Luísa Viqueira Landa, nada na Coruña o 18 de marzo de 1918[1] e finada en México o 3 de novembro de 2014, foi unha bióloga e activista galega.

Modelo:BiografíaLuísa Viqueira Landa
Biografía
Nacemento18 de marzo de 1918 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte3 de novembro de 2014 Editar o valor en Wikidata (96 anos)
México Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Ouces Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbióloga, política Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisXoán Vicente Viqueira Editar o valor en Wikidata  e Jacinta Landa Vaz Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar
 
Cos seus pais en 1919.

Filla de Xoán Vicente Viqueira e Jacinta Landa. Criouse no pazo familiar de Vixoi (Bergondo). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 exiliouse en Francia. Trasladouse a Moscova e finalmente marchou a México. Militante do Partido Comunista de España, foi integrante do grupo de mulleres do Partido Comunista mexicano e da Unión de Mujeres Española Mariana Pineda, formada por exiliadas españolas en México. Impulsou con Luís Soto o Padroado da Cultura Galega de México. Abandonou con Soto o PCE para participar na fundación da UPG. Colaborou na creación da revista Vieiros da que foi secretaria de redacción, e presentou o programa de radio La hora de Galicia. Foi secretaria da Delegación do Consello de Galicia.

As súas cinzas foron soterradas no cemiterio de Ouces, ao lado do seu pai.[2]

Recoñecementos

editar
 
Tumba no cemiterio de Ouces.

Recibiu unha homenaxe da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña en 2010 pola súa loita contra o fascismo.[3]

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar