Abrir o menú principal

Antón Costa Rico

pedagogo galego

Antón Costa Rico, nado en Castellar de la Frontera (provincia de Cádiz) o 28 de setembro de 1952, é un pedagogo galego de orixe andaluza.

Antón Costa Rico
Antón Costa Rico (AELG)-1.jpg
Nacemento28 de setembro de 1952
 Castellar de la Frontera
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Salamanca
Ocupaciónpedagogo
editar datos en Wikidata ]
Antón Costa Rico.jpg

Índice

TraxectoriaEditar

Doutorouse pola Universidade de Salamanca en 1982, cunha tese sobre a historia da escola primaria en Galicia entre 1900 e 1936. Foi un dos fundadores do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega en 1983. É membro do Seminario de Estudos Galegos, ao que representa no Consello Escolar de Galicia. Foi un dos promotores das revistas pedagóxicas As Roladas (1980) e Revista Galega de Educación (1986).

Na actualidade é profesor de política educativa e da historia da educación na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. É presidente da Asociación Española de Historia da Educación.

ObraEditar

EnsaioEditar

EdiciónsEditar

  • Viaje por las escuelas de Galicia, de Luis Bello (2011, NigraTrea).

Obras colectivasEditar

Obra en castelánEditar

EnsaioEditar

  • Ramón de la Sagra. Un protosocialista hispano ante el desarrollo educativo. Lecturas y precisiones, en Hispania. Revista Española de Historia, vol. LXVIII, núm. 228 (xaneiro-abril 2008), páx. 193-210 (en castelán).
  • D'abord les enfants: Freinet y la educación en España (1926-1975) (Universidade de Santiago de Compostela, 2010).

PremiosEditar

  • Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro Galego do 2004, no 2005, por Historia da educación e da cultura en Galicia (Séculos IV-XX).
  • Premio Losada Diéguez no 2005, por Historia da Educación e da Cultura en Galicia (Séculos IV-XX).
  • Premio de Investigación da Crítica de Galicia no 2005, por Historia da Educación e da Cultura en Galicia (Séculos IV-XX).
  • Premio Ánxel Casal ao libro do ano no 2005, por Historia da educación e da cultura en Galicia (Séculos IV-XX).

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar