Castellar de la Frontera

Castellar de la Frontera[1] é un municipio español situado na provincia de Cádiz, na comunidade autónoma de Andalucía. Forma parte da comarca do Campo de Xibraltar. Limita cos municipios de San Roque, Jimena de la Frontera, Los Barrios e Alcalá de los Gazules, no Parque Natural de Los Alcornocales, na chamada Ruta do Touro. O concellos posúe tres núcleos de poboación, que son Castellar Viejo ou El Castillo, o Pueblo Nuevo e La Almoraima. O pobo vello foi declarado Monumento Histórico Artístico en 1963.

Modelo:Xeografía políticaCastellar de la Frontera
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 36°18′24″N 5°26′51″O / 36.3068, -5.4476Coordenadas: 36°18′24″N 5°26′51″O / 36.3068, -5.4476
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Cádiz Editar o valor em Wikidata
CapitalCastellar de la Frontera Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación3.020 (2023) Editar o valor em Wikidata (16,89 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie178,84 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude47 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1971 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal11350
La Almoraima: 11349 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE11013 Editar o valor em Wikidata

Sitio webcastellardelafrontera.es Editar o valor em Wikidata

O centro histórico desta cidade atópase dentro da fortaleza dun castelo do século XIII e esta parte é sen dúbida a máis turística. Durante a época dos reinos de Taifa na península, esta fortaleza foi construída non só con fins defensivos, senón tamén para acoller á xente.[2]

Símbolos editar

Castellar ten un escudo partido en dous campos. O primeiro de prata con tres faixas xaqueladas de ouro e goles, cargadas cada unha dunha burela de ouro, pertencente á liñaxe Saavedra, condes de Castellar. O segundo de goles cun castelo de ouro aclarado de azul. Vai timbrado coa coroa real española cerrada.[3]

Xeografía editar

As coordenadas xeográficas de Castellar son 36º 19' N, 5º 27' O, a 153 quilómetros da capital de provincia, Cádiz. Atópase situado a unha altitude de 47 msnm. A extensión superficial é de 179 km² . No 2005 tiña 2.874 habitantes, cunha densidade de poboación 16,1 hab/km².

 
Vista de Castellar vello.
 
Palacio dos Condes de Castellar.

Notas editar

  1. A locución "de la Frontera" alude á fronteira granadina
  2. "Castellar de la Frontera, qué ver en el pueblo dentro de un castillo". www.disfrutacadiz.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2021. Consultado o 2021-05-28. 
  3. Blasón del escudo de Castellar.[Ligazón morta]

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar