Cadril
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cadril (homónimos).
Na anatomía, o cadril é a proxección ósea do fémur que é coñecida como o trocánter maior, e os músculos e gorduras na rexión. A articulación do cadril é a articulación entre o fémur e o acetábulo da pelve, e a súa principal función é soportar o peso do corpo en posturas estáticas (de pé) e dinámicas (camiñando ou correndo).
Cadril | |
---|---|
Ósos do cadril | |
Ósos do cadril | |
Latín | coxa |
Gray's | pág.333 |
MeSH | Hip |
A articulación do cadril é unha diartrose (articulación sinovial), do tipo esferoide (esferoidal), ou sexa, posúe cápsula articular, a cal posúe líquido sinovial.
Os principais ligamentos que axudan a manter a estabilidade desta articulación son os ligamentos iliofemoral, pubofemoral e isquiofemoral.