Fermín Bouza-Brey

xurista e escritor galego
(Redirección desde «Bouza Brey»)

Fermín Bouza-Brey Trillo, nado en Ponteareas o 31 de marzo de 1901 e finado en Santiago de Compostela o 11 de xuño de 1973, foi un xurista e escritor galego. En 1992 dedicóuselle o Día das Letras Galegas[1].

Modelo:BiografíaFermín Bouza-Brey

Escultura de José Molares en Pontevedra
Biografía
Nacemento31 de marzo de 1901 Editar o valor en Wikidata
Ponteareas, España Editar o valor en Wikidata
Morte11 de xuño de 1973 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónantropólogo, escritor, xurista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticopoesía, narrativa
Familia
CónxuxeEmilia Álvarez Álvarez Editar o valor en Wikidata
FillosFermín Bouza Álvarez Editar o valor en Wikidata
PaiLuís Bouza Trillo Editar o valor en Wikidata
IrmánsLuís Bouza-Brey Trillo Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX861106 BUSC: bouza-brey-fermin-1901-1973 Dialnet: 2110223 Discogs: 5147561 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Era fillo de Luís Bouza Trillo (1869-1941), un polígrafo vilagarcián, que viviu de a cabalo entre os dous séculos, literato en castelán, e, menos, en galego.

Estudou Filosofía e Letras xunto con Dereito, nas universidades de Santiago de Compostela e Madrid, e acadou o título de doutor nesta última. Logo opositou á maxistratura e exerceu como xuíz, sucesivamente, en Santiago de Compostela, Lleida, Pontevedra e Oviedo.[2]

En 1919 publicou o seu primeiro artigo, Teatro de antaño en Santiago, en castelán. Foi un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos en 1923 e no ano seguinte comezou a escribir pola primeira vez en galego co artigo Os estudantes ao arcebispo. Colaborou en revistas como Cristal, Resol e Nós. O Centro de Estudios Históricos forneceulle unha bolsa de estudos na Bretaña francesa.

Xuíz dende 1929, durante a guerra civil puido salva-la vida de varios veciños: sabendo que ían asasinar certas persoas, el mandábaas arrestar e gardar na cadea para así protexelas. Por este motivo os falanxistas tentaron tiralo do medio, e desde ese momento e ata 1952, o seu labor como funcionario público viuse constantemente dificultado polo réxime de Franco e os seus inimigos. En 1937 foi denunciado, acusado de masón, galeguista e desafecto ó réxime, e foi apartado do seu posto. O seu pai, tenente de alcalde de Vilagarcía, foi multado, e o seu irmán Luís estivo preso no campo de concentración da Illa de San Simón.

 
Casa de F.B.B. en Cortegada.
 
Primeira páxina do Libro de Actas do Patronato Rosalía de Castro.

En 1939 foi rehabilitado como xuíz de Vielha, para pasar despois á Estrada, Lleida, Santiago, Pontevedra, Oviedo... Tentando manterse neutral no seu traballo pero sen perder os seus principios chegou ata maxistrado en 1945. Pero a presión dos seus inimigos foi crecendo (xa era un intelectual recoñecido, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, impulsor das investigacións prehistóricas) e en 1952 foi expulsado da maxistratura, as intrigas e acusacións deron resultado. En 1941 foi nomeado membro de número da Real Academia Galega[3]. Ingresou coa lectura do discurso La mitología del agua en el noroeste hispánico[4], respondido polo presidente, Manuel Casás. En 1948 recibiu a condecoración da Gran Cruz de San Raimundo Peñafort polo seu éxito profesional.

Vivindo en Santiago de Compostela, na rúa do Vilar, onde abriu despacho de avogado, dirixiu exploracións arqueolóxicas, publicaba traballos de lexislatura e reuníase no café con Ramón Otero Pedrayo.

Criticado e hipocritamente marxinado, presentaríanlle unha denuncia por asuntos extraprofesionais. En 1992 o alcalde do PP de Cortegada rexeitaría en principio que o seu municipio fose sede dos actos de homenaxe polo Día das Letras Galegas alegando que el non fixera nada polo concello (finalmente calaría ó ser chamado por Manuel Fraga).[Cómpre referencia]

Como poeta destaca por se-lo iniciador do neotrobadorismo cuxa tendencia vai ser seguida, tamén, por Álvaro Cunqueiro ou Xosé María Álvarez Blázquez. A súa obra Nao senlleira é a máxima representante xunto con Seitura.

Ademais da súa faceta literaria, Fermín Bouza-Brey foi un investigador en campos variados: folclore e etnografía, arqueoloxía, heráldica, arte, epigrafía, historia, historia da literatura e crítica literaria etc. Pódese dicir que foi un dos máximos especialistas en Rosalía de Castro. Posuía unha vasta cultura e estaba ó tanto, como outros membros da xeración do Seminario, das publicacións máis recentes da época, tendo en conta as dificultades inherentes ó franquismo, período no que lle tocou vivir na segunda parte da súa vida. A súa extensa obra escrita -a Biblioteca Universitaria de Santiago ten catalogados máis de 440 títulos seus- foi a dun polígrafo completo e, ademais de se atopar en libros, encóntrase dispersa por innumerábeis publicacións periódicas de Galicia e doutros países. Nalgún caso foi recollida en escolmas.

Creación literaria

editar
 
Cabalgadas en Salnés, A Cruña, Lar, 1925.

Edicións

editar

Investigación (selección)

editar
 
Nao senlleira e Seitura compoñen o volume 23 da Biblioteca Galega 120.
  • en colaboración con Florentino López Cuevillas, Prehistoria e folklore da Barbanza. Ourense 1927.
  • en colaboración con Xosé Ramón Fernández-Oxea e mais Manuel Fontes Canal, A eirexa de Santa María de Mixós e as súas aras romanas. Santiago. 1928.
  • en colaboración con Florentino López Cuevillas, Os oestrimnios, os saefes e a ofiolatría en Galicia. Santiago. 1929.
  • Nomes galegos da "Digitalis pupurea L.", in rev. Nós, XIII, 95, Ourense. 1931.
  • en colaboración con Florentino López Cuevillas, La civilización neo-eneolítica gallega. Madrid. 1931.
  • en colaboración con Afonso Rodríguez Castelao, Escudos de Rianxo. Santiago de Compostela. 1933.
  • A eirexa prerrománica dos Nogales. Santiago, Arquivo do Seminario de Estudos Galegos, VI. 1933.
  • Aportación ao diccionario de artistas na Galicia nos séculos XVI ao XIX. in rev. Nós, nª 139-144. Ourense. 1935.
  • La mitología del agua en el noroeste hispánico. A Coruña. 1941.
  • La ceca suevo-visigoda de Laurencio. Madrid. 1942.
  • Vestio Alonieco, nueva deidad galaica. Madrid. 1944.
  • Identificación de cecas suevas y visigodas. Ourense. 1944.
  • Noticia del linaje de Araújo según un genealogista gallego del siglo XVIII. Lugo. 1946.
  • en colaboración con Jorge Lorenzo, La casa, el trabajo y la cantiga en Pías (Mondariz, Pontevedra), in Rev. Dial. Trad. Pop., III, Madrid. 1947.
  • Onomástica y tradición de la fresa en Galicia y Asturias, in Rev. Dial. Trad. Pop., VIII, 1952.
  • La ceca suevo-visigoda de Valencia del Sil. Salamanca. 1954.
  • La joven Rosalía en Santiago, in Cuadernos de Estudios Gallegos, XXI, Santiago. 1955.
  • Los tesorillos de monedas romanas de Tremoedo y Sarandón y su significación histórica en Galicia. Zaragoza. 1955.
  • El tesoro romano de Deiro. Santiago. 1961.
  • Platería civil compostelana hasta finales del siglo XIX. Santiago. CSIC. 1962.
  • El grabador gallego Luis de al Piedra. Guimarães. 1962.
  • Los "Cantares gallegos" o Rosalía y los suyos entre 1860 y 1863, in Cuadernos de Estudios Gallegos, XVII, 56, Santiago. 1963.
  • El señorío de Villagarcía desde su fundación hasta su marquesado, 1461-1655. Santiago de Compostela. CSIC. 1965.
  • El origen y descendencia de los Luaces: manuscrito del s. XVII, in Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos (XVII, fasc. III). Ourense.
 
Un xuíz de lei, defensor da lingua e da
galeguización.

Escolmas

editar

Parte da súa obra folclórico-etnográfica foi recollida en

  • Etnografía e folklore de Galicia, 2 t. Vigo. Ed. Xerais de Galicia. 1982, seleccionada por seu fillo José Luís Bouza Álvarez.

Os traballos sobre Rosalía de Castro en

En relación con Santiago de Compostela

  • Artigos xacobeos e compostelanos. Introdución e bibliografía de Xesús Carro Otero; presentación de Manuel Fraga Iribarne. S.l., Consellería de Relacións Institucionais e Portavoz do Goberno. 1993.
  1. "Letras Galegas 1992: Fermín Bouza Brey". Real Academia Galega. 
  2. cfr. in Bouza-Brey, F., Etnografía e folklore de Galicia (2). Vigo. 1982, na lapela
  3. "Fermín Bouza-Brey Trillo". Real Academia Galega. 
  4. Bouza Brey, F. (1973). La mitología del agua en el noroeste hispánico. Real Academia Galega. 
  5. Estudo da novela Cabalgadas en Salnés (1925) no Catálogo de novela histórica galega (UDC)
  6. Iglesias, Xabier: Cabalgadas en Salnés en Os libros de Ánxel Casal, 22/9/2012.
  7. Bangueses Vázquez, Mercedes (2010). Ilustradores galegos de preguerra (1880-1936). IEV. ISBN 978-84-89599-44-4. 
  8. Bouza-Brey Trillo, Fermín (1992). Estudios rosalianos (PDF). Xunta de Galicia. ISBN 84-453-0434-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de febreiro de 2017. Consultado o 14 de febreiro de 2017.  (2º parte) Arquivado 14 de febreiro de 2017 en Wayback Machine.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar