Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela

sistema formado por 18 bibliotecas dos campus de Santiago e de Lugo

A Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela é un sistema formado por 18 bibliotecas dos campus de Santiago e de Lugo. Prové de recursos para o aprendizaxe, a docencia e a investigación ao estudantado e profesorado da Universidade de Santiago de Compostela, amais de todas as persoas que o precisar.

Sala da Biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia, antiga Biblioteca Xeral.

Ten a súa orixe na fundación da Universidade a mediados do século XVI, e está situada no Colexio fundado polo Arcebispo de Santiago Alonso III de Fonseca.

Bibliotecas[1] editar

Dentro da biblioteca atopamos unha serie de sub-bibliotecas que se clasifican segundo os distintos centros existentes na universidade e dependendo do campus no que nos atopemos:

No campus de Santiago:

  • Biblioteca Concepción Arenal
  • Biblioteca Xeral
  • Bioloxía
  • Ciencias da Comunicación
  • Ciencias da Educación (Campus Norte)
  • Ciencias Económicas e Empresariais
  • Enfermería
  • Escola Técnica Superior de Enxeñería
  • Física e Óptica
  • Farmacia
  • Filoloxía
  • Filosofía
  • Matemáticas
  • Medicamento e Odontoloxía
  • Psicoloxía e Ciencias da Educación
  • Química
  • Xeografía e Historia

No campus de Lugo:

  • Biblioteca Intercentros
  • Formación do Profesorado

Coleccións editar

Hai un total de 1.154.701 contribucións na biblioteca, repartidas entre as distintas bibliotecas que a conforman. Esta colección está formada por unha colección de libros, revistas, mapas e outros materiais como fontes de referencia e información bibliográfica. No fondo histórico, atópanse 862 manuscritos, 141 incunables, 27.725  impresos dos séculos XVI ao XVIII e 29.727 impresos publicados entre 1801 e 1900.

Ademais tamén hai dous fondos especiais que son a Biblioteca América e a Sección Galicia.

  • Na Biblioteca de América, hai 35202 monografías, 2709 revistas e 2498 analíticas e é un fondo onde atopamos un número importante de libros, folletos e obxectos diversos de diferentes procedencias.
  • Na Sección Galicia, atopamos obras de tema galego en calquera idioma, as que están escritas en galego independentemente do lugar de publicación e todas as obras obras de autores galegos como as editadas en Galicia.

Dentro das colección da biblioteca da universidade de Santiago hai os seguintes fondos dixitalizados:

  • Os Fondos xerais que son libros dixitalizados do fondo antigo non galego.
  • O fondo de Galicia que son os libros dixitalizados do fondo galego entre 1483 e 1900.
  • Tese de Galicia na que atopamos teses defendidas na USC a partir de 2005.
  • Fondo prensa galega, na que aparece prensa e revistas dixitalizadas do fondo antigo galego.
  • Literaturas hispánicas na que se recollen manuais da BUSC da literatura hispánica dos séculos que van do S. XV ao S.XVIII.
  • Biblioteca América, formado por fondos dixitalizados antes de 1900.
  • Manuscritos dixitalizados.
  • Bibliografías letras galegas que está elaborado pola BUSC e que se corresponden coas diferentes mostras bibliográficas organizadas anualmente con motivo do Día das Letras Galegas.
  • Os documentos incunables.

Servizos editar

Os servizos que presta a biblioteca son:

  • Información e referencia: Todas as bibliotecas da BUSC teñen un punto de información ao que se pode dirixir calquera usuario para solicitar axuda relacionada con:
  • Reprografía: A Biblioteca facilita a reprodución dos seus fondos coas restricións que impoñen as leis pertinentes:
  • Con carácter xeral, os fondos poderán ser reproducidos mediante:fotocopia, copia en papel a partir de microforma, reproducir por medios fotográficos cos equipos do solicitante, etc.
  • Préstamo a domicilio: Os fondos da Biblioteca Universitaria poderán levar en préstamo a domicilio por un período de tempo e condicións dependendo do tipo de usuario e das características dos fondos.

Para facer uso deste servizo é necesario dispoñer do Cartón Universitario de Identidade ou dunha carta de lector expedida pola BUSC.[2]

editar

O catálogo da biblioteca da universidade de Santiago de Compostela chámase Iacobus e nel atopámonos dous tipos de procura:

  • Simple:[3] Que é a procura onde se pode buscar un documentos por unha variable, como sería: Palabra clave, Autor, Título, ISBN/ISSN, Tema, Tema Galego, Título de revista, Título de colección, Signatura e Orixe da colección. Ademais, da a opción de buscar nos distintos fondos da universidade.
  • Avanzada:[4] Na que hai catro campos nos que podemos escoller en cada un deles se queremos que a procura sexa sobre o Autor, Tema, Título ou Nota. Ademais destas variables neste tipo de procura pódese especificar a localización do documento, tipo de materia (tipo de documento), a lingua, a data (podendo realizar un marco desde un ano e outro) e por último pódense ordenar os resultados por relevancia, data ou título.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar