Xosé Carro Otero
Xosé Ignacio Carro Otero, nado en Santiago de Compostela o 31 de xullo de 1942 e finado na mesma cidade o 23 de abril de 2021, foi un médico, antropólogo, docente e académico galego, ademais de destacado investigador da historia e da arte, especialmente das compostelás.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de xullo de 1942 Santiago de Compostela, España |
Morte | 23 de abril de 2021 (78 anos) Santiago de Compostela, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor, médico, antropólogo |
Membro de | |
Premios | |
| |
En 2022 foi Medalla de Galicia a título póstumo.[1]
Traxectoria
editarMembro dunha coñecida familia compostelá (era sobriño de Xesús Carro García e curmán de Francisco Xavier Carro Rosende) xa desde moi novo interesouse fondamente, por un lado, na bioloxía e na antropoloxía e, por outro, na arte de Compostela,[2] (antes de rematar o bacharelato xa era un especialista na catedral de Santiago, onde traballou de guía e onde levaba aos seus amigos e compañeiros a visitar o seu tellado, nunca época na que estas visitas non eran doadas).
Para perfeccionar a súa formación en antropoloxía e arqueoloxía percorreu diversos museos e institucións antropolóxicas europeas, como o Deutsch Archeologischer Institut, onde estudou a técnica antropolóxica de campo (1968-70), asistindo, entre outros, aos cursos XI Corso di Prospezioni Acheologiche no Instituto Lerici de Roma (1974) e o I Curso de Antropología Forense na Universidade Complutense, Madrid (1976).[3]
Actividades como anatomista e antropólogo
editarNa facultade de Medicina da universidade de Santiago foi, sucesivamente, alumno interno de Anatomía e profesor de Anatomía Humana Descritiva e Topográfica, coas súas Técnicas Anatómicas. Nesta universidade licenciouse en medicina, obtendo o título de doutor pola mesma en 1971 coa tese titulada Anatomía antropológica antigua del pueblo gallego.[3]
Entre 1970 e 1973 foi profesor de Antropoloxía na facultade de Bioloxía da universidade de Santiago. Entre 1970 e 1991 foi, ademais, profesor de Bioloxía humana e de Historia da Medicina.
En 1973 foi nomeado, por oposición, profesor adxunto de Anatomía na facultade de Medicina de dita universidade, da que foi Secretario e director do Departamento de Anatomía.
Académico
editarO día 11 de xuño de 1993 ingresou na Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, ocupado a Cadeira Historia da Medicina.[3] En 2014 foi o presidente desta douta institución,[3] na que desempeñou desde o ano 1994 os cargos sucesivos de bibliotecario, vicesecretario e secretario xeral.[4] Ademais, foi Asesor Especial do Presidente da Xunta de Galicia.[3]
Foi membro correspondente das Reales Academias españolas de Medicina, de la Historia y de Bellas Artes; Académico de Mérito da portuguesa da Historia e correspondente das tamén portuguesas das Ciências e Belas-Artes, e correspondente da Academia de la Historia de la República Dominicana.
Entre outras institucións pertenceu, tamén, á Sociedad Anatómica Española, ás Sociedades portuguesas de Antropología e Etnología, de Estomatología Arqueológica, de Historia da Medicina e de Filosofía Médica.
Desde o 22 de outubro de 1967 era membro correspondente da Real Academia Galega.[5]
Liñas de investigación
editarAs súas principais áreas de investigación foron a anatomía, a antropoloxía física e a historia da Medicina, materias nas que dirixiu 18 teses de licenciatura e 4 teses de doutoramento. Publicou máis de 50 artigos especializados e outros 259 —de temática médica e paramédica— en periódicos e revistas.
Realizou numerosas investigacións antropolóxicas sobre a poboación galega actual, analizando os grupos sanguíneos do sistema AB0, e os dermatóglifos palmares e dixitais.
Pronunciou cerca de 900 conferencias, en máis de 14 países, a maioría delas sobre antropoloxía, historia da medicina e hidroloxía médica.[6]
Outras actividades
editarFoi o secretario dos Comités Organizadores do VI Congreso de la Sociedad Anatómica Española e da IX da Luso-Hispano-Americana de Anatomía (1968) e do “VI Congreso das Reais Academias Nacionais de Medicina” (1999). Achegou 50 relatorios a diversos Congresos nacionais e internacionais.
Organizou 4 exposicións histórico-médicas: dúas sobre a Escola Médica Compostelá (1967 e 1968); a conmemorativa do profesor Nóvoa Santos (1983), e a conmemorativa do profesor Rodríguez Cadarso, así como unha mostra antolóxica do libro anatómico antigo (1984), e creou un Museo Médico permanente radicado en Santiago de Compostela (1975).
Foi Tenente de alcalde da cidade de Santiago (1974-75), Comisario Xacobeo (1991-93), Asesor Especial do Sr. Presidente Manuel Fraga Iribarne (1994-2005).[7]
Actividades como arqueólogo
editarEn Galicia participou en varias campañas de escavacións arqueolóxicas (necrópoles de Ropupar, Adro Vello, San Martiño de Mondoñedo, Moraime, Cova do Rei Cintolo, vila e necrópole de Medos e estación de Outeiro do Cribo).[2]
Premios distincións e condecoracións
editarBolsas de estudos
editar- Iniciación a la investigación (1967)
- Fomento a la investigación” (1969)
- Bolsa de estudos do Ministero Italiano degli Affari Esteri (1974)
Premios
editar- Premio Gallego del Año, de El Correo Gallego, correspondente a abril de 1998.
- Insignia de Ouro da asociación Fillos e Amigos da Estrada (1992)
- Centolo de Ouro do Concello do Grove (1990)
- Salmón de Ouro do Concello da Estrada.
Condecoracións
editar- Españolas
- Orden Civil de Sanidad (Encomenda)
- Orden del Mérito Civil (Encomenda con placa)
- Orden del Mérito Naval (Gran Cruz)[8]
- Portuguesas
- Orde Civil do Infante Dom Henrique (Gran Cruz). Outorgada o 23 de novembro de 1992.[9]
- Orde Militar de Santiago da Espada (Comendador). Outorgada o 23 de agosto de 1996.[9]
Principais publicacións
editarAnatomía humana e Historia da Medicina
editar- 1982 — Seminarios de Historia de la Medicina.
- 1884 — Prácticas de Biología Humana.
- 1984 — Seminarios de Biología Humana.
- 1988 — Materiais para unha Historia da Medicina Galega (2 vols.). Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade e Servizos Sociais. ISBN 978-84-453-2363-2 / ISBN 978-84-453-2361-8.
Arte
editar- 1974 — Museo de Arte Sacro del Momasterio de San Pelayo de Antealtares.
- 1976 — Guìa de Santiago de Compostela.
- 1993 — Boente. Xunta de Galicia / Casa de Galicia. ISBN 84-453-0704-5.
- 1997 — Santiago de Compostela. León: Editorial Everest. ISBN 84-241-3625-X.
- 2012 — Cátredra 'Jorge Juan'. Ciclo de conferencias: curso 2010-2011. A Coruña: Universidade da Coruña. ISBN 84-9749-532-5.
Vida persoal
editarAtopárono morto na súa casa da rúa do Penedo (Conxo), aparentemente de causas naturais.
Notas
editar- ↑ Galicia, Xunta de (15 de xullo de 2022). "DECRETO 128/2022, do 14 de xullo, polo que se concede a Medalla de Galicia na súa categoría de ouro". Diario Oficial de Galicia (135): 40072.
- ↑ 2,0 2,1 "Carro Otero, José Ignacio", na Gran Enciclopedia Gallega, volume 5, p. 119. Santiago / Gijón: Silverio Cañada, Editor. ISBN 84-7286-040-10.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Biografía Arquivado 25 de maio de 2014 en Wayback Machine. na web da RAMCG.
- ↑ José Ignacio Carro Otero, hoy en los martes de 'La Rosaleda' Diario Atlántico (Vigo), 16/04/2013.
- ↑ Membros da Academia Arquivado 20 de xuño de 2014 en Wayback Machine.. RAG.
- ↑ El doctor José Ignacio Carro Otero imparte hoy en la Capilla Real del Hostal dos Reis Católicos, en Santiago, una conferencia titulada 'Información médica contenida en el Liber Sancti Iacobi o Códice Calixtino'. Diario La Región (Ourense), 16/04/2013.
- ↑ Varela, Gonzalo Carro. "Medalla de Galicia para o Dr. Carro, meu pai". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2022-07-24.
- ↑ "José Carro Otero recibe en Marín la Gran Cruz del Mérito Naval". 20 febreiro 2010. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2018. Consultado o 12 abril 2018.
- ↑ 9,0 9,1 Presidência de Portugal. Ordens Honoríficas Portuguesas.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- José I. Carro Otero revisa as rutas marítimas de peregrinación de Islandia a Turquía en DUVI, 27/01/2010.
- Conferencia del Dr. José Ignacio Carro Otero "Información médica contenida en el Liber Sancti Iacobi o Códice Calixtino". Capela Real do Hostal dos Reis Católicos. Fotos.
- Carro descubre dolencias 'diabólicas' y curas milagrosas en el Códice Calixtino Arquivado 30 de xuño de 2013 en Wayback Machine. Diario El Correo Gallego, 17/04/2013.