Ponteareas, Ponteareas

parroquia civil do concello de Ponteareas

San Miguel de Ponteareas é unha parroquia que se localiza no concello de Ponteareas na comarca do Condado. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 12.398 habitantes (5.928 homes e 6.470 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 6.763 habitantes.

Ponteareas
ConcelloPonteareas[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°10′27″N 8°30′18″O / 42.17409609, -8.50509627
Poboación12.398 hab. (2022)
Entidades de poboación17[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio

editar

A cidade de Ponteareas é unha poboación moderna que non presenta tanto interese monumental como algunhas das súas parroquias. Con todo son interesantes a ponte medieval dos Remedios, construída no século XIII sobre os alicerces dunha antiga ponte romana, a Fonte da Fama e a capela dos Remedios.

O convento franciscano de San Diego de Canedo é un gran complexo monástico relativamente moderno, construído no século XVIII a raíz da doazón do pazo de Canedo por parte de Diego Sarmiento de Soutomaior aos franciscanos, que viron o seu orixinal convento destruído un século antes na guerra con Portugal.

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Ponteareas

editar
Lugares da parroquia de Ponteareas no concello de Ponteareas (Pontevedra)

O Areal | O Barral | As Cachadas | Canedo | A Castiñeira | A Curuxeira | Lamazáns | A Moscadeira | O Paseo Matutino | Pedra de Agua | A Perillana | A Ponte dos Remedios | Ponteareas | O Reiro | San Roque | San Vicente | Valoura

Parroquias de Ponteareas

editar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Ponteareas

Angoares (San Pedro) | Arcos (San Breixo) | Areas (Santa María) | Arnoso (San Lourenzo) | Bugarín (Santa Cristina) | Celeiros (San Fins) | Cristiñade (San Salvador) | Cumiar (Santo Estevo) | Fontenla (San Mamede) | Fozara (San Bartolomeu) | Guillade (San Miguel) | Guláns (San Xulián) | Moreira (San Martiño) | Nogueira (San Salvador) | Oliveira (Santiago) | Padróns (San Salvador) | Paredes (San Cibrán) | Pías (Santa Mariña) | Ponteareas (San Miguel) | Prado (San Nicolao) | Ribadetea (San Xurxo) | San Lourenzo de Oliveira (San Lourenzo) | San Mateo de Oliveira (San Mateo) | Xinzo (Santa Mariña)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar