Xeración de 1925

Non confundir coa Xeración do 25 de arquitectos vangardistas españois.

A xeración de 1925[1] é a xeración de escritores galegos posterior ao grupo Nós. Son autores nacidos ao redor do ano 1900, de maneira que o seu período de formación e xuventude discorreu na época das vangardas. Aínda que integrantes do grupo Nós e outros dos seus coetáneos tamén se interesaron pola vangarda[2] (Vicente Risco[3] e Eugenio Montes realizaron algunha achega poética a determinados rexistros formais dos -ismos), acabaron renegando dela ou desconfiando da súa idoneidade[4] para as necesidades político-culturais da Galicia do momento.

Foron polo tanto os autores máis novos, moi en especial Manuel Antonio (e posteriormente Álvaro Cunqueiro, xa considerado dunha xeración posterior) quen desenvolveron ata as últimas consecuencias[5] a proposta vangardista.[6][7]

A Xeración de 1925 protagonizou a renovación da poesía e do teatro galegos, continuando co labor modernizador e europeizante da literatura galega que antes iniciara, desde outros presupostos[8], o grupo Nós. Porén, hoxe cuestiónase[9][10][5] que tanto certos poetas (Amado Carballo, Luís Pimentel, Bouza-Brey) coma os movementos que determinadas correntes críticas recoñeceron ou lles atribuíron (tales coma o neotrobadorismo ou o hilozoísmo) poidan considerarse dentro dos parámetros da vangarda.

A cuestión da denominación editar

En 1963, por similitude coa denominación catalá noucentisme, Ricardo Carballo Calero deu en bautizar esta xeración co nome de novecentistas. A proposta do escritor e crítico A. López Casanova[11] foi denominala Xeración de 1922, posto que neste ano Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro sacaron á luz o manifesto "Máis alá!". Finalmente, o nome máis popularizado hoxe en día a través das obras de divulgación e da maioría dos libros de texto é o que propuxo X.L. Méndez Ferrín:[1] Xeración de 1925, dado que se trataría de autores que se deron a coñecer en torno a esa data.

Autores destacados editar

Entre os autores que se viñeron postulando, por consenso crítico, como pertencentes a esta xeración destacan os seguintes:

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Méndez Ferrín, X. L. (1990). De Pondal a Novoneyra : poesia galega posterior a guerra civil (2. ed ed.). Vigo: Edicions Xerais de Galicia. ISBN 978-84-7507-460-3. OCLC 64450729. 
  2. "La influencia de Vicente Huidobro en la poesía de Manuel Antonio" (PDF). USC - Benito Varela Jácome. Consultado o 08/09/2022. 
  3. "As vangardas: Vicente Risco - U... ju ju...". As vangardas. Consultado o 2022-09-07. 
  4. "Castelao e as vangardas" (PDF). Universitat de Barcelona - Basilio Losada. 
  5. 5,0 5,1 Pena, X. Ramón (2013-<2019>). Historia da literatura galega (1a edición ed.). Vigo. ISBN 978-84-9914-551-8. OCLC 871573716. 
  6. "Vanguardas Artísticas Históricas: Dadaísmo, Construtivismo e Bauhaus- Laboratório de Ensino e Material Didático". lemad.fflch.usp.br. Consultado o 2022-09-07. 
  7. "Vanguardas europeias: quais são, características". Mundo Educação (en portugués). Consultado o 2022-09-07. 
  8. Vilavedra Fdez., Dolores (1999). Historia da literatura galega. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8288-258-1. OCLC 46678488. 
  9. Cabana, Darío Xohán (2007). Conversas con Darío Xohán Cabana : vida e escrita. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9782-538-2. OCLC 226967044. 
  10. González Fernández, María Xosefa (1992). Manuel António : De catro a catro : curso de orientación universitaria ([1a. ed.] ed.). A Coruña: Bahía. ISBN 978-84-87674-25-9. OCLC 434715761. 
  11. Diccionario da literatura galega. Vigo: Editorial Galaxia. ©1995-<[1997]>. ISBN 84-8288-019-5. OCLC 34669594. 
  12. Ferrín destaca "a forza nerudiana" da figura de Valentín Paz-Andrade, La Opinión, 17 de maio de 2012.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar