Xeración do 25
De escritores galegos.

A Xeración do 25 é o nome co que en 1961 Carlos Flores López denominou un grupo de novos arquitectos vangardistas, titulados entre 1918 e 1925 na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid.
Denominación
editarAínda que as obras clave desta Xeración comezaron a aparecer en Madrid en 1927 -o cal xustificaría que fose denominado como xeración do 27, como pedía Oriol Bohigas, para relacionala coa xeración literaria-, a razón do cambio da data foi a Exposición Internacional de Artes Decorativas e Industriais de París, de 1925, que causou un grande impacto nos novos arquitectos madrileños.
A formación do grupo
editarO grupo estaba formado por Bergamín, García Mercadal, Fernández Shaw, Blanco Soler, Anasagasti, de los Santos, Aguirre, Sánchez Arcas, Lacasa, Arniches, Domínguez, Gutiérrez Soto, Borobio, Aspiroz, Muñoz Casayús e Durán Reynals.
Obras representativas
editarComo consecuencia daquela impresión apareceron tres obras esenciais entre 1927 e 1928, que marcaron aquel período e definiron a esta Xeración: o Rincón de Goya, de Fernando García Mercadal, a gasolineira de Petróleos Porto Pi, de Casto Fernández Shaw e a Casa do Marqués de Villora, de Rafael Bergamín. Son o que Flores denominou “primeiras obras afíns ó movemento centroeuropeo renovador da arquitectura, isto é, vinculadas o que chamou posteriormente Movemento Moderno”.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- MIGUEL ÁNGEL BALDELLOU, Hacia una arquitectura racional española, Summa Artis, Tomo XL, Espasa-Calpe, Madrid 1995.
- ORIOL BOHIGAS, Modernidad en la arquitectura española de la Segunda República, Tusquets Ed., Barcelona 1998.