Montse Pena

crítica literaria galega

Montserrat Pena Presas, nada en Sada o 27 de abril de 1981, é unha crítica literaria galega.

Montserrat Pena Presas
Nome completoMontserrat Pena Presas
Nacemento27 de abril de 1981
 Sada
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritora
XénerosEnsaio, LIX
EstudosFiloloxía galega
Na rede
Twitter: PenaPresas Instagram: montsepenapresas AELG: 363 Dialnet: 1024464 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

 
Con Rosalía Fernández Rial, Pontevedra, 25/05/2018

Especialista en literatura infantil e xuvenil, licenciouse en Filoloxía Galega, obtivo o Diploma de Estudos Avanzados en Teoría da Literatura e Literatura Comparada e doutorouse pola Universidade de Compostela. A súa tese, dirixida por Dolores Vilavedra e Bieito Valdivia, titúlase "Feminismo, xénero e coeducación na literatura infantil e xuvenil: historia crítica e aplicación didáctica" (2016). Ademais, obtivo un máster en Edición pola Universidade de Salamanca. Foi profesora de lingua, literatura e cultura galegas na Bangor University (Gales), e, actualmente, traballa como profesora no Departamento de Didácticas Aplicadas da Universidade de Santiago de Compostela no campus de Lugo.[1]

No eido da crítica literaria, colabora en diferentes suplementos culturais (Faro da Cultura, ProTexta, Sermos Galiza[2]) e revistas especializadas (Grial, Anuario de Estudos Literarios Galegos, Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, entre outras), tendo publicado artigos sobre Carlos Casares, Agustín Fernández Paz ou Xohana Torres.

É coautora de materiais didácticos moi variados, entre eles os libros de Lingua e Literatura Galega para a ESO de Editorial Galaxia.[3] Colaboradora do Diario Cultural da Radio Galega.[4] En 2023 nomeárona membro correspondente da Real Academia Galega.[5]

Obras Editar

Edición Editar

Ensaio Editar

Didáctica Editar

  • Unidade didáctica para Bacharelato sobre a obra "Feminismos. A historia cóntana as vencedoras" de Anna Figueirido (2020). Vigo: Galaxia.
  • Unidade didáctica para Educación Secundaria Obrigatoria sobre a obra "Feminismos. A historia cóntana as vencedoras" de Anna Figueirido (2020). Vigo: Galaxia.

Tradución Editar

Notas Editar

  1. "Monserrat Pena Presas Universidade de Santiago de Compostela". www.usc.gal. Consultado o 2022-03-08. 
  2. M.P, X. (10 de setembro de 2018). "“O feminismo é o movemento que máis influíu na literatura neste século”". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2018. Consultado o 10 de setembro de 2018. 
  3. "Montse Pena Presas". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2022. Consultado o 2022-03-08. 
  4. "Montse Pena Presas". Diario Cultural. Consultado o 2022-03-08. 
  5. "A Real Academia Galega dedicaralle o Día das Letras Galegas 2024 a Luísa Villalta". Real Academia Galega. 29 de xuño de 2023. 
  6. Epistolario a Fernández del Riego. Ricardo Carballo Calero en Google Books.
  7. "Un chapeu negro e un nariz de pallaso. Tras os pasos de Roberto Vidal Bolaño". Editorial Galaxia. 2013-04-19. Consultado o 2022-03-08. 
  8. "Un chapeu negro e un nariz de pallaso Galaxia LG3 O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org. Consultado o 2022-03-08. 
  9. "Sen título". Edicións Laiovento. 8 de xuño de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2018. 
  10. Diario, Nós. "'Ax(e)itar a lingua', o novo manual de linguaxe inclusiva". Nós Diario. Consultado o 2022-03-08. 

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar