Rosalía Fernández Rial

escritora galega

Rosalía Fernández Rial, nada en Carballo o 30 de maio 1988, é unha escritora galega.

Rosalía Fernández Rial
Recitando en Allariz, outubro de 2016.
Nome completoRosalía Fernández Rial
Nacemento30 de maio de 1988
Lugar de nacementoCarballo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpoeta e escritora
Coñecida porBonus Track
Na rede
AELG: 462 Dialnet: 3652851
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

 
Na entrega do Premio Illa Nova 2018.

Licenciada en Filoloxía e Doutora en didáctica das linguas e expresión dramática pola Universidade de Santiago de Compostela. Estudou e toca o acordeón, fai teatro e, sobre todo, escribe. A súa tese de doutoramento presentada na USC é Expresión dramática e teatral para a clase de linguas no ensino secundario[1].

Obras editar

Poesía editar

  • En clave de sol. Poemario musical (2009). Asociación Cultural Lumieira.
  • Átonos. Poemario sensorial (2011). Asociación Cultural Lumieira.
  • Vinte en escena (2012). Positivas.
  • Ningún amante sabe conducir (2014). Positivas.[2]
  • Contra-acción (2016). Neopàtria.
  • SACAR a BAILAR. Poesía reunida (2009-2016) (2016). Sial-Pigmalión. Edición bilingüe galego-castelán.
  • Árbores no deserto (2020). Galaxia. Ilustracións de María Xosé Costa Valiño (Chiña). 124 páxs. ISBN 978-84-9151-470-1.[3] Publicados en Grial algúns dos poemas do libro.[4][5][6]
  • Desnortada (2021). Espiral Maior, Col. Poesía Alba Longa. CD con 8 poemas con voz da propia autora e composición musical e interpretación (acordeón) de María Álvarez Santiago.

Ensaio editar

  • Aulas sen paredes (2016). Positivas. Estudo teórico-práctico derivado da Tese de Doutoramento sobre o uso da expresión dramática e teatral como ferramentas pedagóxicas para as aulas de linguas.
  • "Medrar é aprender a fuxir das dictaduras. Unha proposta alén das lecturas obrigatorias" (2020). En Grial, 228, tomo LVIII. pp. 136-139.

Narrativa editar

Obras colectivas editar

  • Follas de Carballo, 2011, Asociación Cultural Lumieira.
  • Un mar de sensacións. Rutas e poemas para descubrir a Costa da Morte (2012)., con Xan Fernández Carrera, Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte.[10]
  • Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, 2013, Toxosoutos.
  • Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón.
  • Contos de taberna, 2014, Edicións Embora.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.
  • Catálago, libro-catálogo de obra plástica e poesía, con Paco Souto, Mon Lendoiro e Chiña.
  • Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, 2017, Alvarellos.
  • O libro dos libros (2018, Galaxia), co relato "Sherezade tras o espello".[11]
  • Arrincando marcos 2019 (Positivas, 2019).
  • Entre donas (2020). Baía Edicións. 208 páxs. ISBN 9788499953427. Dez relatos de escritoras galegas actuais colocando as mulleres no centro da historia.[12]

Premios editar

  • Premio á mellor iniciativa bibliográfica da II Gala do Libro Galego no 2017, por Aulas sen paredes.
  • O seu poema A reflexión foi Premio aRi[t]mar 2021, convocado pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago con apoio de institucións de Galiza e Portugal.[13]

Notas editar

  1. "Catálogo Iacobus". USC. Consultado o 30/05/2018. 
  2. Eyré, Xosé Manuel. "O amor, en road movie". Galicia Confidencial. Consultado o 2020-06-29. 
  3. "Árbores no deserto". Editorial Galaxia. Consultado o 2020-06-29. 
  4. Fernández Rial, Rosalía (Xaneiro-xuño, 2020). "Árbores no deserto". Grial. LVIII (225, 226): 64–67. ISSN 0017-4181. 
  5. Nicolás, Ramón (2020-09-12). "Árbores no deserto, de Rosalía Fernández Rial". Caderno da crítica. Consultado o 2020-09-13. 
  6. Nogueira, María Xesús (Outubro, novembro, decembro 2020). "Emprestar a voz". Revista Grial. LVIII: 101, 102. ISSN 0017-4181. 
  7. "Ficha do libro na editorial". Editorial Galaxia. Consultado o 16/05/2018. 
  8. "«Bonus track», de Rosalía Fernández, ya de camino hacia las librerías". La Voz de Galicia. Consultado o 16/05/2018. 
  9. Xmeyre, ~ (2018-05-02). "crítica de BONUS TRACK (Rosalía Fernández Rial, Galaxia)". Ferradura en Tránsito II. Consultado o 2020-06-29. 
  10. ""O pulso das túas rochas quebra ritmos cotiáns"". Praza Pública. 2012-05-29. Consultado o 2020-06-29. 
  11. "O libro dos libros". editorialgalaxia.gal. Consultado o 05/12/2018. 
  12. Xmeyre, ~ (2020-11-18). "a propósito de ENTRE DONAS, varias autoras, en Baía.". Ferradura en Tránsito II. Consultado o 2021-01-22. 
  13. "Un poema de Rosalía Fernández Rial e outro de Márcia, elixidos os mellores de Galicia e Portugal do ano 2020". La Voz de Galicia. 2021-05-10. Consultado o 2021-05-11. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar