Xan Fernández Carrera
mestre e escritor galego
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2024.) |
Xan Xosé Fernández Carrera, nado en Bamiro (Vimianzo) o 20 de xaneiro de 1951, é un mestre e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1951 (72/73 anos) Bamiro, España |
Actividade | |
Ocupación | mestre, escritor |
Traxectoria
editarFaltan ligazóns internas neste artigo ou sección. Por favor, axude wikificándoo. |
Profesor de ensino primario coas especialidades de lingua galega e ciencias sociais. Exerceu durante máis de 30 anos a súa profesión no CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco. É presidente do Instituto de Estudos Bergantiñáns e membro da directiva do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte e da Fundación Gonzalo López Abente.
Obra
editarEnsaio
editar- Coristanco: terra da pataca, 1994, Concello de Coristanco.
- Costa da Morte: guía turística-cultural, 1998, Asociación Neria.
- Ramón Caamaño. Historia viva da Costa da Morte, 1999, Editorial Xaniño.
- A Costa da Morte. Mapa e Itinerarios, 2000, Editorial Xaniño.
- A comarca de Bergantiños: paisaxe, historia e roteiros por concellos, 2001, Editorial Xaniño.
- Lugares con encanto da Costa da Morte, 2003, Editorial Xaniño.
- Rutas para descubrir A Costa da Morte, 2007, Editorial Xaniño.
- A Romaría da Barca, 2007, Editorial Xaniño.
- Ruta a pé pola Costa da Morte, 2011, Asociación Neria.
- Guía de Carballo, 2013, Concello de Carballo.
- Gonzalo López Abente, poeta do mar: unidade didáctica, 2013, Deputación da Coruña.
- Descubre Muxía, 2014, Concello de Muxía.
- Lendas da Costa da Morte, 2017, Embora.
- Unha parroquia singular, A Graña: paisaxe, historia e patrimonio, 2017, Concello de Covelo e Asociación de Montes en Man Común da Graña.
- José Vidal, unha vida dedicada á fotografía, 2018, Deputación Provincial da Coruña.
- Moraime, centro histórico da Costa da Morte, 2020, edición de autor, patrocinada pola Deputación da Coruña.
- A pesca en Muxía, 2022, Deputación Provincial da Coruña
- A Costa da Morte, confín de Europa, 2024, Asociación Profesionais deTurismo da Costa da Morte (APTCM) e Turismo de Galicia
Obras colectivas
editar- Muxía e o seu concello, 1992, Concello de Muxía.
- A cultura popular en Coristanco, 1997, Concello de Coristanco.
- Deporte e aventura na Costa da Morte, 1998, Edicións Lea.
- O camiño dos peregrinos á fin do mundo: a prolongación xacobea a Fisterra e Muxía, 2000, Deputación da Coruña.
- Romarías da Costa da Morte, 2011, Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte.
- Un mar de sensacións: rutas e poemas para descubrir a Costa da Morte, 2012, con Rosalía Fernández Rial, Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte.
- Cadernos "Andando por Bergantiños", 2000-2017, (19 números), Instituto de Estudos Bergantiñáns, Carballo (A Coruña)
- O río do Porto, río grande da Terra de Soneira, 2019, Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte, Vimianzo (A Coruña)
- O río Anllóns, arteria principal da comarca de Bergantiños, 2020, Instituto de Estudos Bergantiñáns, Carballo (A Coruña).
- O Chan da Embarrada, conxunto megalítico en Ferreira (Coristanco), 2021, Concello de Coristanco.
- MONTE NEME, o Olimpo bergantiñán, 2023, Instituto de Estudos Bergantiñáns, Carballo (A Coruña)