James Fenimore Cooper

escritor estadounidense (1789-1851)

James Fenimore Cooper, nado en Burlington (Nova Jersey) o 15 de setembro de 1789 e finado en Cooperstown (Estado de Nova York) o 14 de setembro de 1851, foi un popular e prolífico escritor norteamericano.

Infotaula de personaJames Fenimore Cooper

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de setembro de 1789 Editar o valor em Wikidata
Burlington, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte14 de setembro de 1851 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Cooperstown, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteCirrose hepática Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaChrist Churchyard (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Yale Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , escritor de literatura infantil , novelista , oficial , biógrafo Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1820 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoRomance de aventura (pt) Traducir e non ficción Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarArmada dos Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeSusan Augusta Delancey (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosSusan Fenimore Cooper Scarsdale, Paul Fenimore Cooper (en) Traducir, Charlotte Fenimore Cooper (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiWilliam Cooper (juiz) (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0178126 Allocine: 163272 Allmovie: p216925
Musicbrainz: 614e9332-4516-4bdb-bed9-0d807a71104d Discogs: 463457 IMSLP: Category:Cooper,_James_Fenimore WikiTree: Cooper-7320 Find a Grave: 228 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Particularmente recordado como novelista, Cooper escribiu 34 novelas de aventuras, moitas tratan o tema dos pioneiros.

O derradeiro dos mohicanos considérase por moitos como a súa obra mestra. Esta novela ten lugar na América colonial, durante a Guerra dos Sete Anos (1757-1763), que enfrontou a ingleses e franceses e supuxo a expulsión destes últimos de Norteamérica. Na guerra víronse involucradas as tribos indias locais. De feito, na novela, un grupo de indios huróns aliados dos franceses raptan a Cora e Alice Munro, fillas dun oficial británico. As rapazas serán rescatadas por Ollo-de-Aguia, un leñador branco e os seus compañeiros Chingachgook e Uncas, últimos superviventes da tribo dos mohicanos.

Cooper é un dos autores americanos máis famosos do dezanove, as súas obras traducíronse a case todas as linguas europeas. Balzac admirábao, Victor Hugo definíao como o máis grande do máis grande da novela moderna.

Traducións ao galego editar

Na actualidade só está traducida ao galego a novela O derradeiro dos mohicanos, editada por Xerais en 1993, con tradución de Xela Arias.