Francisco López Barxas
Francisco López Rodríguez, coñecido co heterónimo Francisco López Barxas, nado en Ponte Barxas (Padrenda) o 24 de abril de 1952, é un escritor, xornalista e crítico galego.[1]
![]() (2017) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de abril de 1952 ![]() Ponte Barxas, España ![]() |
Educación | Universidade Complutense de Madrid ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarLicenciouse en Filoloxía Hispánica pola Universidade Complutense de Madrid e viviu nesta cidade durante varios anos, traballando como crítico literario, dirixindo revistas de literatura e tamén como profesor de lingua e literatura española. Publicou en nos xornais Diario Informaciones, El País, El Sol, El Mundo, La Voz de Galicia, El Correo Gallego, La Vanguardia e nas revistas Ozono, Nueva Estafeta, Ínsula, Quimera, Leer, Grial, Anthropos, El Ciervo e Album de las Letras y las Artes...[2] Foi redactor Xefe da Revista Argumentos (1978), Director de Publicacións e membro do Consello Reitor da Universidade Antonio de Nebrija.
A comezos da década de 1990 regresou a Galicia para encargarse da dirección do Xornal Diario, un medio editado en Pontevedra que desapareceu en 1992.
En 2000 conseguiu un posto como editor do informativo Bos días, da Televisión de Galicia, traballo no que continuou ata 2003, cando ascendeu ao cargo de redactor xefe de informativos desa cadea. Deixou o posto en 2005. En 2009, logo da vitoria electoral de Alberto Núñez Feijóo, foi designado director xeral de Promoción e difusión cultural, dentro da consellería de Cultura e Turismo. Meses despois, ao reestruturarse as competencias, López Barxas pasou a ser director xeral do Libro, bibliotecas e arquivos, posto no que permaneceu até o seu cesamento en xaneiro de 2012.[3]
Leva publicados máis de vinte e cinco títulos entre e ten entrevistado a Julio Cortázar, Vargas Llosa, Benedetti, Camilo José Cela, Nélida Piñón, Pere Gimferrer etc.[2]
Obra
editar- Entorno a Antonio Machado (1988). Júcar. Editor.
- Zelos no ofenden al sol (1988). Editor.
- Fin de un milenio. Antología de la poesía gallega última, canda César Antonio Molina (1991). Madrid: Ediciones Libertarias.
- Eugenio Granell. O surrealismo felizmente vivo (1991). Vigo: Ir Indo. 63 páxs. ISBN 9788476803073.
- Ferrán Pérez Churruchao (2001). Editor.
- No xardín das mandrágoras (2006). Santiago: Laiovento. 121 páxs. ISBN 978-84-8487-126-2. Entrevistas.[4]
- O ladrón de paxaros (2006). Baía Ed. 34 páxs. ISBN 978-84-96526-66-2. Ilustracións de Chus Ferrín. Infantil.
- Sar e Sarela e os monstros de Compostela (2006). Kalandraka. Foi traducida ao castelán.[5] Infantil, Ilustracións.
- A avoa do nobelo branco (2009). Baía Ed. 34 páxs. ISBN 978-84-92630-29-5. Ilustracións de Kristina Sabaita. Infantil.
- Tom e Mix, os cabalos de Clara (2009). Con Xaime Asensi. Sotelo Blanco. ISBN 978-84-7824-572-7. Infantil.
- Os tesouros da illa de Granellandia (2012). El Patito Editorial. 44 páxs. ISBN 9788493943486. Infantil.
- Mazurca para Camilo José Cela (2016). Auga Ed. 212 páxs. ISBN 978-8494549335.
- Pedro, ladrón de historias (2017). Auga Ed. 35 páxs. ISBN 978-8494718748. Infantil.
- Confieso que he leído. 101 comentarios sobre literatura gallega, española y universal (2017).[6] Hércules Ediciones.[7]
- Nemo e Sabela polos parques de Compostela (2017). Teófilo Ed. Ilustracións de Isabel Pintado. 56 páxs. ISBN 978-84-947763-1-1. Infantil.
- A historia de Ramón (2019).[8] Teófilo Ed. Ilustracións de Isabel Pintado. 50 páxs. ISBN 9788494776373. Infantil.
- Ben-Cho-Shey inédito (2019). Auga Ed. 230 páxs.
- Homes de palabra: Díaz Pardo e Neira Vilas (2020). Silleda: Fervenzas. 64 páxs. ISBN 978-8418136054. Entrevistas.
- Arredor de NÓS. 100 anos dunha xeración irrepetible (2020). Teófilo Edicións. 4 tomos: Castelao, Otero Pedrayo, Vicente Risco e Cuevillas.
- Querido Paco Barxas (2021). Medulia. 294 páxs. ISBN 978-84-124509-4-1.
- Personaxe fantasmal dunha historia de Álvaro Cunqueiro (2021). Mondoñedo: Casa Museo Álvaro Cunqueiro.
- A palabra sorprendida (2023). A Coruña: Medulia. Entrevistas.
- Os secretos do bosque de Ben-Cho-Shey (2024). Vigo: Galaxia. Ilustracións de Acisclo Manzano. ISBN 978-84-1176-187-1.
- Castelao entre Nós (2025). Teófilo Edicións.[9]
Premios
editar- Premio “Máquina de Vapor”, convocado pola Universidade de Santiago de Compostela en 1995 en narrativa
- Accésit do Premio “Modesto Rodríguez Figueiredo” no ano 2005.
Notas
editar- ↑ "Paco López Barxas". Medulia Editorial. Consultado o 2025-06-20.
- ↑ 2,0 2,1 "López-Barxas, Paco". Editorial Galaxia. Consultado o 2025-06-20.
- ↑ "Paco López-Barxas Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2025-06-20.
- ↑ "- Edicións Laiovento". laiovento.gal. Consultado o 2025-06-20.
- ↑ "Sar, Sarela y los monstruos de Compostela". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-04.
- ↑ "Confieso que he leído". Hércules de Ediciones.
- ↑ "Confieso que he leído". Hércules de Ediciones. 2022-10-19. Consultado o 2025-06-20.
- ↑ José Miguel Giráldez (7 de xaneiro de 2019). "López-Barxas publica un relato sobre Pedrayo". El Correo Gallego. Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2019. Consultado o 07 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Teófilo Edicións publica “Castelao entre Nós”, de Paco López-Barxas". O Barbanza. 2025-05-02. Consultado o 2025-06-20.