Darío a diario

obra literaria de Xela Arias

Darío a diario é un poemario de Xela Arias, editado en 1996. Foi o terceiro libro da autora, tras Denuncia do equilibrio (1986) e Tigres coma cabalos (1990), todos eles publicados por Edicións Xerais de Galicia.

Darío a diario
Detalle dun exemplar do libro dedicado pola autora.
Autor/aXela Arias
Ilustrador/aXulio Gil Rodríguez
CubertaXulio Gil Rodríguez
Linguagalego
Tema(s)Maternidade
Xénero(s)Poesía
EditorialEdicións Xerais de Galicia
Data de pub.1996
FormatoTapa dura
Páxinas56
ISBNISBN 84-8302-080-7
Precedido porTigres coma cabalos (1990)
Seguido porIntempériome (2003)
editar datos en Wikidata ]

Temática

editar

A súa cerna é a maternidade[1] abordada desde unha perspectiva de xénero[2] e naceu nun inicio como unha forma de explicarlle a poeta ao seu fillo as súas intencións maternas e as contradicións da maternidade.[3]

Valoración

editar

Víctor Freixanes dixo delː

Non coñezo outro texto na nosa literatura tan directo e, ao mesmo tempo, tan apaixoado, tan auténtico, para expresar o principio do amor e da vida: a nai e o fillo, que empezan a camiñar xuntos.[4]

Chus Nogueira dixo delː

A singularidade de Darío a diario non só radica na desidealización da maternidade para representar a súa cara -e a súa linguaxe- máis cotiá, senón tamén na vontade de transmitir un código de valores baseado na independencia para vivir nun mundo sen imposicións.[5]

Edicións

editar

A primeira edición foi publicada por Xerais en 1996, cunha foto na portada na que aparece o propio Darío acabado de nacer,[6] tomada polo seu pai, e marido da autora, o fotógrafo Xulio Gil Rodríguez.

A obra está incluída na recompilación Poesía reunida (1982-2004), editada por Chus Nogueira e publicada por Xerais na colección Xerais clásicos en 2018.

En 2021, co gallo de dedicárselle á autora o Día das Letras Galegas, a mesma editorial fixo unha reedición, con prólogo de Berta Dávila e ilustracións de Iván R., dentro da colección infantil e xuvenil Camaleón[7]

  1. P, S. R. (22/1/2020). "El Día das Letras Galegas 2021 será para Xela Arias". El País (en castelán). Consultado o 31/12/2020. 
  2. Nogueira Pereira 2015, p. 37.
  3. "Darío a diario. Xela Arias Castaño". Casa del Libro (en castelán). Consultado o 31/12/2020. 
  4. Freixanes, Víctor (2003-11-07). "Xela Arias". La Voz de Galicia. Consultado o 31/12/2020. 
  5. Nogueira Pereira 2018, p. 52.
  6. Nogueira Pereira 2018, p. 50.
  7. Edición de 2021 no sitio web de Xerais.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar