Axóuxere (revista)

Axóuxere foi unha publicación semanal galega de dúas follas, editada por La Región os sábados como suplemento infantil do xornal ourensán,[1] durou do 3 de agosto de 1974 ao 11 de xaneiro de 1975.

Axóuxere
PaísGalicia Galicia
LinguaGalego
Fundación1974
Desenvolvemento
EditorLa Región

Historia editar

O suplemento botou a andar no verán de 1974.[2] O seu director foi o escritor, e naquel momento tamén mestre de ensino primario, Paco Martín.[1]

Foi, xunto coa publicación Vagalume (1975) a primeira publicación infantil en galego do franquismo, co incipiente aperturismo do tardofranquismo respecto á lingua galega,[1] prohibida en moitos eidos durante o réxime.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "45 anos de «Vagalume» – Brétemas". Consultado o 2023-02-13. 
  2. "Os primeiros Comics-Books galegos (1971-1979)". Tumblr. Consultado o 2023-02-13. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar