Beariz
Coordenadas: 42°27′58″N 8°16′14″O / 42.46611, -8.27056
Beariz é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. Segundo o Padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 973 persoas (1477 en 2003). Limita cos concellos de Forcarei e A Lama na provincia de Pontevedra e Boborás, O Irixo e Avión na provincia de Ourense. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é bearizao[8] ou bearicense.
Beariz | |
---|---|
![]() Casa consistorial | |
Situación | |
Xentilicio[1] | bearizao/bearizá bearicense |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Comarca | Comarca do Carballiño |
Poboación | 978 hab. (2022)[2][3] |
Área | 56,0 km²[3] |
Densidade | 17,46 hab./km² |
Entidades de poboación | 3 parroquias[4] |
Capital do concello | Beariz |
Política (2019[5]) | |
Alcalde | Manuel Prado López (PPdeG[6]) |
Concelleiros | PPdeG: 7 |
Eleccións municipais en Beariz | |
Uso do galego[7] (2001) | |
Galegofalantes | 64,46% |
Na rede | |
www.beariz.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
PoboaciónEditar
Censo total | 973 (2018) |
---|---|
Menores de 15 anos | 43 (4,42 %) |
Entre 15 e 64 anos | 467 (48 %) |
Maiores de 65 anos | 463 (47.58 %) |

Evolución da poboación de Beariz Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
2226 | 2744 | 2653 | 1460 | 1404 | 1285 | 1205 | {{{13}}} | {{{14}}} | {{{15}}} | {{{16}}} | {{{17}}} | |||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
XeografíaEditar
O concello limita ao norte co concello de Forcarei (provincia de Pontevedra), ao leste co Irixo e Boborás, ao sur con Avión e ao oeste coa Lama (provincia de Pontevedra). Ten unha altitude media de 610 m, e as súas augas verten no río Avia, afluente do Miño, sendo os seus vales abertos e orientados cara ao sur, con máis horas de Sol. Os seus cumios máis altos son Marcofán (940 m), o alto da Ruza (868 m) e a cima de Santo Domingo (848 m, lindando con Trasdomonte, en Forcarei). Todos eles pertencen á serra do Suído.
ArqueoloxíaEditar
No concello consérvanse máis dunha ducia de mámoas, monumentos neolíticos tamén chamados antas. Destes restos provén o nome do lugar das Antas, lindante co concello do Irixo. Con menos de 20 casas, chegou a formar parte de tres parroquias (Lebozán, O Regueiro e O Regueiro) tres dioceses e tres concellos distintos (Beariz, Boborás e O Irixo).
Da idade de bronce non hai vestixios, pero puido ser moi rica e florecente, dada a cantidade de metal que existe nos montes de Beariz. Da Idade de Ferro salienta o castro de Magros, onde se encontraron restos de cerámica e pedras de moer gran. Da romanización consérvase parte dunha calzada romana e unha ponte sobre o río Verdugo.
Na idade media, Beariz, ao igual que toda a Terra de Montes, foi gobernada polos arcebispos composteláns a través dos Xuíces-Meriños, nomeados por eles, e que tiñan a súa sede e residencia no castro de Montes, en San Miguel de Presqueiras, onde había unha fortaleza e unha torre, das que hoxe só quedan ruínas.
Na Serra do Suído atópanse os singulares chozos.
Na actualidade o concello sofre un proceso de retorno de emigrantes, especialmente de México. Moitos deles regresan con grandes capitais, tratándose este dun dos concellos coa renda per-capita máis alta de Galicia[Cómpre referencia].
Recursos naturaisEditar
No concello hai minas de volframio e estaño, se ben ningunha está activa na actualidade. Durante a segunda guerra mundial, axentes dos dous bandos buscaban non só apropiarse do necesario para a fabricación de pezas de artillería, senón tamén deixar ao outro bando sen esas materias primas. Así, o volframio acadou prezos moi altos, aproveitando moitos comerciantes para cobrar grandes comisións, mudando moita xente o seu oficio polo de mineiro. No concello vendíase como propio volframio obtido nas minas de Silleda, onde os labradores venderan a súa terra.
As minas de estaño deron pé á industria dos fornos de fundición, fornos artesáns que fundían o metal mesturado con pedra recollida nas minas da contorna para elaborar lingotes. Os propietarios mercaban directamente aos mineiros segundo a calidade do material e a forma de pago, pero sempre a un prezo moi superior ao marcado polo goberno.
A explotación das minas foi levaba a cabo non só por compañías, senón tamén por particulares, e nas escombreiras os nenos e mulleres recollían os restos do metal, que unha vez lavado no río achegaba ás familias unha axuda ben importante durante a posguerra.
Beariz na literatura popularEditar
- Onte á noite fun á ronda,/ pasei a costa das Antas;/ o que rompín de zapatos/ tamén o aforrei de mantas [9].
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Beariz.
Peto de ánimas en Doade (Xirazga)
ParroquiasEditar
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Beariz | |
---|---|
Beariz (Santa María) | Lebozán (Santa Cruz) | Xirazga (San Salvador) |
Lugares de BearizEditar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Beariz vexa: Lugares de Beariz.
NotasEditar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Beariz".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 27 de maio de 2019.
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Beariz". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 48. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 121. Xaquín Lorenzo explica que esta Costa das Antas ten que referirse ó lugar das Antas. O caso é que pode ser As Antas de Santa Cruz de Lebozán (Beariz) ou As Antas de San Pedro do Regueiro, parroquia compartida polos concellos de Boborás e do Irixo.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Beariz |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |