San Miguel de Presqueiras, Forcarei

parroquia civil do concello de Forcarei

San Miguel de Presqueiras é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 280 habitantes (153 mulleres e 127 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 283 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 210 habitantes, sendo 95 homes e 115 mulleres.

San Miguel de Presqueiras
SanMiguelPresqueiras.JPG
ConcelloForcarei[1]
ProvinciaPontevedra
Poboación173 hab. (2019)
Entidades de poboación5[1]
editar datos en Wikidata ]

TopónimoEditar

Posibelmente do étimo petriscarias, derivado do latín petra(m) co sufixo latino -aria, lugar onde abundan as pedras[2].

HistoriaEditar

Nesta parroquia estaba a sede dos Xuíces-Meiriños nomeados polos arcebispos de Compostela para gobernar a Terra de Montes. O Arcebispo Xelmírez mandara construír unha fortaleza e unha torre, das que hoxe só quedan ruínas, nunha pequena península que forma o río Castro, afluente do río Lérez, e que foi derrubada polos Irmandiños en 1466.

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de San Miguel de PresqueirasEditar

Lugares da parroquia de San Miguel de Presqueiras no concello de Forcarei (Pontevedra)

Barro | Guisande | Morgade | O Outeiro | San Miguel

Parroquias de ForcareiEditar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Forcarei

Aciveiro (Santa María) | Castrelo (Santa Mariña) | Dúas Igrexas (Santa María) | Forcarei (San Martiño) | A Madanela de Montes (Santa María Madanela) | Meavía (San Xoán) | Millarada (San Amedio) | Pardesoa (Santiago) | Pereira (San Bartolomeu) | Quintillán (San Pedro) | San Miguel de Presqueiras (San Miguel) | Santa Mariña de Presqueiras (Santa Mariña) | Ventoxo (San Nicolao)

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar