Río Lérez, ría de Pontevedra
O río Lérez pertence á vertente atlántica e na súa desembocadura forma a ría de Pontevedra. Parte do seu curso é unha área protexida galega, o ZEC río Lérez.[3][4]
Río Lérez | |
---|---|
![]() | |
País | ![]() |
Comunidade Autónoma | ![]() |
Nacemento | Serra do Candán, preto da Rochela (Forcarei) [1] |
Altitude | 928 m |
Lonxitude | 57 km |
Conca | 449,5 km² [2] |
Caudal medio | 21,2 m³/s [2] |
Caudal relativo | 47,2 L/s/km² [2] |
Desembocadura | Ría de Pontevedra |
Altitude desembocadura | 0 m |
![]() | |
Conca do río Lérez, marcada en azul escuro | |
CursoEditar
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Nace na Serra do Candán, no monte de San Bieito, no lugar da Noveliza, na parroquia de Aciveiro (Forcarei). Percorre 60 km con abundante caudal, na dirección NL-SO, pasando polos concellos de Forcarei, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade e, finalmente, Pontevedra.
Os seus principais afluentes son o Salgueiro, Cabaleiros, Grande, O Castro, Quireza, Tenorio e Almofrei.
PontesEditar
Galería de imaxesEditar
- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes do río Lérez
Ponte romana en Pedre, Cerdedo-Cotobade
Ponte sobre o encoro de Bora, Pontevedra
Salto de Anllo, entre Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade
Familia de cisnes na senda do río Lérez, Pontevedra.
Antigo muíño a carón do río Lérez.
NotasEditar
- ↑ Instituto Geográfico Nacional de España. "SIXPAC, coordenadas 42°36'25.6"N 8°16'12.9"W" (Mapa). Visor SIXPAC. Consultado o 08/06/2019.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Núñez Pérez, Manuel; Lois Lois, Adela; Daporta Padín, Mon (2007). Os ríos de Galiza. A Nosa Terra. Promocións Culturais Galegas, S.A. p. 90. ISBN 978-84-8341-136-0.
- ↑ Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC ES1140002 Río Lérez". Consultado o 30/9/2020.
- ↑ Axencia Ambiental Europea - Unión Europea (eds.). "ES1140002 Río Lérez". Consultado o 30/9/2020.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
Cañada, Silverio, ed. (2003). "Lérez 3". Gran Enciclopedia Galega 25. El Progreso - Diario de Pontevedra. pp. 228–229. ISBN 84-87804-26-8.
Ligazóns externasEditar
- Belén López (21 de febreiro de 2021). "O río Lérez, retratado de principio a fin e triunfando en Instagram". Diario de Pontevedra.