Praia do Lérez
A praia do Lérez é unha praia galega situada no municipio de Pontevedra. É unha praia fluvial semiurbana cunha lonxitude de 100 metros.
Praia do Lérez | |
---|---|
Vista da praia do Lérez | |
Características xerais | |
Localización | Pontevedra |
Lonxitude | 100 m |
Largo medio | 20 m |
Grao de ocupación | Alto |
Grao de urbanización | Ningún |
Paseo marítimo | Non |
Características específicas | |
Tipo de praia | Fluvial |
Tipo de area | Branca e fina |
Condicións do baño | Augas tranquilas |
Aspectos medioambientais | |
Presenza de vexetación | Si |
Seguridade | |
Equipo de vixilancia | Si |
Sinalización do perigo | Si |
Accesibilidade | |
Accesible a discapacitados | Si |
Tipo de acceso | Rampla |
Localización e acceso
editarA praia está situada na marxe esquerda do río Lérez, a uns 3 quilómetros da súa desembocadura na ría de Pontevedra, a 2 quilómetros do centro da cidade e a menos dun quilómetro do barrio de Monte Porreiro. Está situada fronte ao parque da Illa das Esculturas e moi preto da antiga ponte do ferrocarril. Aquí celébranse as tradicionais comidas campestres da romaría de San Benitiño de Lérez, onde é típico comer mexillóns.[1]
É facilmente accesible a pé desde o centro da cidade, ao longo do paseo do Lérez e desde o barrio de Monte Porreiro. Tamén se pode chegar en coche. A ruta de sendeirismo do Lérez comeza neste punto e percorre varios quilómetros ata Ponte Bora.
Descrición
editarÉ un areal recto, situado nunha contorna semiurbana. É unha praia fluvial de area branca. Ao redor da praia hai 5.000 metros cadrados de zonas de céspede e unha zona de pícnic con mesas e bancos de pedra. Tamén hai un pequeno peirao con chanzos de pedra sobre o río e un pequeno parque infantil. Toda a zona ocupa un total de 3 hectáreas.[2]
É unha zona de augas tranquilas que se beneficia dun pequeno brazo morto do Lérez. O mar está preto, polo que está suxeita á subida e baixada das mareas da ría de Pontevedra.[3] O Servizo de Costas autorizou a súa apertura.[4] A praia conta con aseos, duchas, servizo de socorrismo, posto de primeiros auxilios, acceso para discapacitados, un pequeno aparcadoiro, papeleiras e un quiosco. A calidade da auga é boa.[5] O baño está vixiado desde finais de xuño ata finais de agosto, de 12:30 a 20:30.[6]
A praia abriuse ao baño o 11 de xuño de 2009.
Galería
editarNotas
editar- ↑ "Llega San Benitiño de Lérez, «o santo máis milagreiro»". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de xullo de 2016.
- ↑ "La playa fluvial del Lérez cumple diez veranos". Diario de Pontevedra (en castelán). 1 de xullo de 2019.
- ↑ "La renovada playa fluvial del Lérez, «libre de fumes»". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de xuño de 2020.
- ↑ "La playa fluvial del Lérez cumple diez veranos". Diario de Pontevedra (en castelán). 1 de xullo de 2019.
- ↑ "La calidad de las aguas del 90% de las playas de la Pontevedra es "excelente" y mejora la del Lérez". Faro (en castelán). 24 de abril de 2019.
- ↑ "Pontevedra declara la playa fluvial del Lérez "libre de fume"". Diario de Pontevedra (en castelán). 17 de xuño de 2020.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Praia do Lérez |
Bibliografía
editar- Aganzo, Carlos (2010). Pontevedra. Ciudades con encanto (en castelán). Madrid: El País-Aguilar. p. 109. ISBN 978-8403509344..