Dúas Igrexas, Forcarei

parroquia civil do concello de Forcarei

Santa María de Dúas Igrexas é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei. Segundo o IGE en 2009 tiña 382 habitantes (214 mulleres e 168 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 461 habitantes.

Dúas Igrexas
Igrexa parroquial.
ConcelloForcarei[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°36′10″N 8°20′33″O / 42.6027534, -8.3424116Coordenadas: 42°36′10″N 8°20′33″O / 42.6027534, -8.3424116
Poboación297[2] hab. (2019)
Entidades de poboación6[1]
editar datos en Wikidata ]

Topónimo editar

Nesta parroquia houbo dúas igrexas moi próximas e de igual categoría, unha consagrada a San Vicente e outra a Santa María[3].

Patrimonio editar

A igrexa de Santa María de Dúas Igrexas é de orixe románica. A ábsida construíuse en 1742 e cubriuse con bóveda de crucería. O corpo da igrexa, a torre e a portada realizáronse en 1822. No interior conserva unha pía bautismal románica da antiga igrexa de San Vicente.

Lugares e parroquias editar

Lugares de Dúas Igrexas editar

Lugares da parroquia de Dúas Igrexas no concello de Forcarei (Pontevedra)

Córneas | Espindo | Loureiro | Quintelas | As Rabadeiras | Valiñas

Parroquias de Forcarei editar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Forcarei

Aciveiro (Santa María) | Castrelo (Santa Mariña) | Dúas Igrexas (Santa María) | Forcarei (San Martiño) | A Madanela de Montes (Santa María Madanela) | Meavía (San Xoán) | Millarada (San Amedio) | Pardesoa (Santiago) | Pereira (San Bartolomeu) | Quintillán (San Pedro) | San Miguel de Presqueiras (San Miguel) | Santa Mariña de Presqueiras (Santa Mariña) | Ventoxo (San Nicolao)

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
  2. INE.(2019). Nomenclátor: Población del Padrón Continuo por Unidad Poblacional. Madrid:Instituto Nacional de Estadística. Recuperado de: www.ine.es.
  3. "Orgullo pola toponimia en Forcarei". Carta Xeométrica. 18/10/2017. Consultado o 19/10/2017. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar