Quintillán, Forcarei
Coordenadas: 42°37′45″N 8°23′30″O / 42.6292452, -8.3915656
Quintillán | |
---|---|
![]() Igrexa de Quintillán | |
Concello | Forcarei |
Poboación | 181 hab. (2014) |
Entidades de poboación | 5 |
San Pedro de Quintillán é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 256 habitantes (131 mulleres e 125 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 286 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 181 habitantes, sendo 84 homes e 97 mulleres.
TopónimoEditar
Topónimo de posesor, do nome Quintilianus que sería o posesor ou dono das terras.[1]
HistoriaEditar
A sociedade dos emigrantes da Terra de Montes na Arxentina, Residentes del Ayuntamiento de Forcarey en El Plata Pro Cultura y Protección, fundada o 22 de outubro de 1922 axudou a erguer un edificio escolar no lugar de Levoso. A primeira pedra colocouse o 4 de setembro de 1927, inaugurándose un ano despois.
PatrimonioEditar
A igrexa de San Pedro de Quintillán conserva varias imaxes do século XVI e unha pía bautismal do XIV. Existen numerosos cruceiros, entre os que destaca o "Cruceiro das Procesións", barroco e moi historiado, no adro da igrexa parroquial.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de QuintillánEditar
Lugares da parroquia de Quintillán no concello de Forcarei (Pontevedra) | |
---|---|
A Graña de Cabanelas | A Graña de Umia | Levoso | Quintillán | Rozados |
Parroquias de ForcareiEditar
NotasEditar
- ↑ "Orgullo pola toponimia en Forcarei". Carta Xeométrica. 18/10/2017. Consultado o 19/10/2017.