Ponte de Santiago
A ponte de Santiago cruza o río Lérez na cidade de Pontevedra, discorrendo por ela a estrada N-550. Une o centro da cidade coa zona da Xunqueira e o barrio do Burgo.
Ponte de Santiago | |
---|---|
Localización | |
Coordenadas | 42°26′05″N 8°38′30″O / 42.43476, -8.641613Coordenadas: 42°26′05″N 8°38′30″O / 42.43476, -8.641613 |
Río | Lérez |
Concello | Pontevedra |
Provincia | Pontevedra |
Características | |
Construción | 1981 - 1983 |
Lonxitude | 99 m |
Ancho | 17 m |
Tipo | Ponte trabe |
Material | Formigón armado |
Historia
editarO proxecto desta ponte para desconxestionar o tráfico da ponte do Burgo pola que pasaba a N-550[1] presentouse en 1980. A súa construción iniciouse en xuño de 1981 e foi levada a cabo polo ministerio de Obras Públicas do goberno de España cun custo de 173 millóns de pesetas.[2]
Foi inaugurada o 11 de setembro de 1983 polo exministro de Obras Públicas Jesús Sancho Rof.[2] O seu pleno rendemento non se produciu ata a reforma da avenida de Bos Aires e a inauguración da avenida de Compostela o 3 de xullo de 1987, que con catro carrís deu continuidade á ponte de Santiago e proporcionou unha nova saída á cidade desde o norte cara a Santiago de Compostela e A Coruña.[3]
Descrición
editarTrátase dunha ponte do tipo trabe feita en formigón armado,[4] con dous taboleiros apoiados en catro piares. Cada un dos dous taboleiros ten tres vans. A luz do van central é de 48 metros e a dos laterais 25 metros.
A ponte ten 99 metros de lonxitude[4] e 17 metros de longo. Consta de catro carrís para vehículos, varandas e dúas beirarrúas. A ponte termina na beira norte cun amplo paso para peóns e ciclistas.[5] Comunica a rúa Padre Amoedo Carballo coa Avenida de Compostela.
Nos seus primeiros anos de funcionamento denominouse simplemente Terceira Ponte ata a apertura ao tráfico da Avenida de Compostela,[6] momento no que por ser a saída natural da cidade cara a Santiago de Compostela pasou a denominarse Ponte de Santiago.[7]
Galería de imaxes
editar-
A ponte de Santiago co barrio do Burgo e A Caeira ao fondo
-
Á esquerda, de arriba a abaixo, ponte dos Tirantes, de Santiago e do Burgo.
-
En primeiro termo a ponte de Santiago, detrás a ponte dos Tirantes.
Notas
editar- ↑ "Los puentes de Adolfo Suárez". Pontevedra Viva (en castelán). 29 de marzo de 2014.
- ↑ 2,0 2,1 "Apertura del tercer puente sin la avenida de Compostela". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de setembro de 2018.
- ↑ "Inauguración de la nueva avenida de Compostela". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de xullo de 2018.
- ↑ 4,0 4,1 "Un plan de 25 millones frente a las grandes crecidas históricas del Lérez". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de maio de 2023.
- ↑ "El Puente de Santiago contará con dos pasos de peatones antes del verano". Pontevedra Viva (en castelán). 27 de marzo de 2014.
- ↑ "La reforma del viejo puente del tren de Monte Porreiro se hará este año para abrirlo al público". Diario de Pontevedra (en castelán). 8 de febreiro de 2021.
- ↑ "Pontevedra, la ciudad de los puentes". El Español (en castelán). 25 de marzo de 2021.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ponte de Santiago |