Ponte de Ponte Sampaio

ponte en Pontevedra

Coordenadas: 42°20′45.54″N 8°36′24.6″O / 42.3459833, -8.606833

A ponte de Ponte Sampaio é unha ponte medieval que cruza o río Verdugo localizada entre a parroquia de Ponte Sampaio no concello de Pontevedra e a parroquia de Arcade no concello de Soutomaior.[1]

Ponte de Ponte Sampaio
Pontevedra, Ponte Sampaio 01-05.JPG
Localización
RíoRío Verdugo
Concelloentre Pontevedra e Soutomaior
ProvinciaPontevedra
Características
Construciónséculo X - século XVIII
Lonxitude144 m
Ancho10 m
TipoPonte en arco
Materialpedra

HistoriaEditar

A ponte está construída sobre unha cimentación romana.[2] As primeiras referencias a esta ponte datan dos séculos X-XI,[3] cando se chamaba "Ponti Sancti Pelagli de Lutto" (Ponte de San Paio de Lodo) e era propiedade dos condes de Borgoña.[4] A mítica fortaleza de San Paio de Lodo estaba situada preto desta ponte, o lugar onde loitaron os exércitos de Doña Urraca e o arcebispo Xelmírez. En 997, Almanzor cruzouna destruíndo a fortaleza que a defendía.[5] Calquera que quixera cruzar o río pola ponte tiña que pagar unha peaxe, pero grazas ao arcebispo compostelán Diego Xelmírez isto rematou no século XII.

A ponte foi testemuña da batalla de Ponte Sampaio contra a invasión francesa, que tivo lugar os días 7 e 8 de xuño de 1809 con intenso lume de canón a ambas as beiras do río Verdugo e na que se derrotou aos franceses.[6][7]

DescriciónEditar

É unha ponte de pedra de 144 metros de lonxitude[3] e dez metros de ancho. Conta con dez arcos apuntados de media punta entre os que se sitúan grandes tallamares. Ten un peitoril de pedra[8] e presenta profundas modificacións e reconstrucións levadas a cabo nos séculos XVI e XVIII.[4]

A ponte forma parte da estrada PO-264 e pertence á rede de estradas da Xunta de Galicia.[1] Pola ponte pasa o camiño Portugués de peregrinación a Santiago de Compostela.[3]

CulturaEditar

Na praza de España da cidade de Pontevedra atópase o monumento aos heroes de Ponte Sampaio. A construción central de granito simboliza un dos piares da ponte de Ponte Sampaio, onde tivo lugar a maior parte da batalla de 1809.[6]

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar