Serra do Candán
Coordenadas: 42°06′06″N 8°04′04″O / 42.1017, -8.0678
serra do Candán | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Marco Legal | |||
Figura de Protección: | ZEC | ||
Ano de constitución: | 2004 | ||
Superficie: | 10699 ha. | ||
Lexislación: | Decreto 37/2014 | ||
Datos de interese | |||
País: | ![]() | ||
Provincias: | Pontevedra e Ourense | ||
Concellos: | Forcarei, Lalín, Silleda, Beariz e O Irixo | ||
Ríos: | |||
Picos | Alto de San Bieito, O Coco, Seixiños Brancos, Chamor, Alto de San Sebastián | ||
Direccións de interese: | |||
Teléfonos: |
A serra do Candán é unha serra galega que se estende ao longo dos concellos de Forcarei, Lalín, Silleda, Beariz e O Irixo. Atópase na dorsal galega e é onde nacen os ríos Lérez, o Umia e varios afluentes do Deza. É unha zona especial de conservación (ZEC).[1]
No outono do cerne Candán
deitan as fontes do Lérez:
no baixo, ao pé do regato
sorrí a Santiña de Montes
nun convento destellado
Características Editar
A maior parte das rochas da serra está constituídas por granitos e xistos, morfoloxicamente a superficie é achairada, a súa orientación é paralela á costa o que fai que sexa responsable do coñecido como efecto Föhn que fai que as frontes húmidas procedentes do Atlántico ascendan ao chegar á vertente occidental da serra do Candán, arrefriando ao ter que elevarse e como consecuencia condénsanse a auga, que descarga como chuvia antes de chegar ao cume, mentres a vertente do sotavento recibe o aire fresco que vai quecendo ao perder altura.
Cumes Editar
Os principais cumes son o Alto de San Bieito -tamén chamado monte de San Bento- (1017 metros), O Coco (969 metros), Seixiños Brancos (905 metros), Chamor (815 metros) e Alto de San Sebastián (750 metros). A serra do Candán está incluída na Rede Natura pola riqueza dos seus ecosistemas, que varían desde os bosques de galería e as fragas nas zonas de menos altitude e nas ribeiras dos ríos, ata o monte baixo de toxo, carqueixa, queiroga e xesta. Entre a fauna presente no Candán destacan especies en perigo de extinción como o bufo real e a aguia real, xunto con especies máis comúns como o azor, o miñato, a curuxa, o lobo, o gato bravo, a denosiña e o raposo.
Notas Editar
- ↑ Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia. (eds.). "Serra do Careón".
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1