Abrir o menú principal

Manuel Prado López

político español, presidente de Beariz

Manuel Prado López, nado en Boborás o 5 de xuño de 1958, é un político galego do Partido Popular de Galicia (PPdeG).[1]

Manuel Prado López
Nacemento5 de xuño de 1958
 Boborás
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Mestre de Formación Profesional. Accedeu á alcaldía de Beariz tras as eleccións municipais de 1983, ó presentarse coa Coalición Popular. Nesa lexislatura acadou cinco concelleiros, o que lle deu a maioría absoluta, que repetiu en 1987 coa coalición AP-CdeG, coa particularidade de obter todos os concelleiros en xogo, acontecemento que logrou nos sucesivos comicios ata a actualidade[2]. En 1990 ocupou o escano de Vitorino Núñez no Congreso dos Deputados. En 1996 e 2000 foi elixido membro do Senado pola provincia de Ourense. Tamén é vogal da directiva provincial do PPdeG de Ourense[3]

Tamén foi presidente da Mancomunidade de Municipios do Carballiño e vogal na Fundación Terras de Beariz.


Predecesor:
Manuel Cendón Caíña
  
Alcalde de Beariz
 
1983 - actualidade
Sucesor:
no cargo

NotasEditar

  1. www.elcorreogallego.es (ed.). "Regidores en la provincia de Ourense". Arquivado dende o orixinal o 18/01/2012. Consultado o 18/12/2010.  (en castelán)
  2. www.ourensedixital.com (ed.). "Procesos electorales en Ourense". Consultado o 18/12/2010. [Ligazón morta] (en castelán)
  3. www.ppou.es (ed.). "Xunta Directiva". Consultado o 18/12/2010. 

Véxase taménEditar