Centristas de Galicia

partido político galego
(Redirección desde «CdeG»)

Centristas de Galicia foi un partido político galego activo na provincia de Ourense entre 1985 e 1991.

Centristas de Galicia
Historia
Fundación1985
Disolución1991
Posicións políticas
IdeoloxíaGaleguismo

Historia

editar

Creado en 1985 por Victorino Núñez, despois da escisión de Coalición Galega, a partir da defenestración de Víctor Moro como candidato á Xunta de Galicia por ese partido, así como a falta de cohesión interna motivada pola enfermidade de Euloxio Gómez Franqueira. Esta escisión estivo apoiada por aproximadamente pola metade (dos 32 alcaldes) dos 63 alcaldes de Coalición Galega na provincia de Ourense, antigos militantes de Centristas de Ourense (Exmembros da UCD), así como 10 deputados provinciais e dous parlamentarios. Nas eleccións municipais de 1987, concorreron en coalición con AP, chegando a gobernar en 53 concellos da provincia de Ourense. En outubro de 1987 desenvolveu contactos políticos para ampliar o seu ámbito de actuación ás catro provincias galegas, si ben con pouco éxito.

En febreiro de 1988 tiña 8 deputados provinciais, 36 alcaldes e 295 concelleiros. O 6 de febreiro de 1988 tivo lugar o seu primeiro congreso no Monte Medo (Baños de Molgas ), baixo o eslogan ¨Artellar Galicia¨, nel foi aclamado por maioría absoluta como presidente, Victorino Núñez, aprobándose o comité executivo de Centristas de Galicia encabezado por Xosé Luis Baltar Pumar, acompañado de: Daniel Barata Quintas, Luís Barge Fernández, Jesús Barros Martínez, Jesús Bustos Salgado, Santiago Cid Harguindey, Marina Cuquejo Taboada, Gabino García Fernández, Francisco Gil Zamora, Concepción Méndez Gándara, Aurelio Domingo Miras Portugal, José Vicente Solarat López, Amador Vázquez Vázquez e Isaac Vila Rodríguez.

Neste congreso definiuse este partido como de centro moderado, galeguista, nacionalista e cunha idea clara do autonomismo.

Nas eleccións autonómicas e xerais de 1989 concorreu coaligado co PPdeG.

Nas eleccións municipais de 26 de maio de 1991 presentouse conxuntamente co CDS na Converxencia Centristas de Galicia, conseguindo 422 concelleiros e 65.236 votos [1] (32,30%), sendo a forza máis votada na provincia de Ourense. Posteriormente, en decembro de 1991, acabouse integrándose no PPdeG.

En referencia á preparación do Congreso extraordinario de integración no PPdG Manuel Fraga Iribarne dixo que o nacionalismo ben entendido daba un gran paso [1].


Victorino Núñez que chegou a ser Presidente do Parlamento de Galicia e Xosé Luís Baltar, presidente da Deputación de Ourense tras a marcha do anterior, foron os seus principais dirixentes. No 2004, Xosé Luís Baltar dicía[2] que pensaba en facer renacer este partido debido ós seus problemas co goberno de Fraga.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  1. A gran historia de Galicia, volume 2. Ed. La Voz de Galicia, p. 125. ISBN 978-84-96931-32-9.
  2. "El presidente del PP de Orense admite discrepancias con el Gobierno de Fraga". eldia.es (en castelán). 22/9/2004. Arquivado dende o orixinal o 30/01/2012. Consultado o 27/2/2009.