Francisco Rodríguez Sánchez

político galego

Francisco Rodríguez Sánchez, nado en Serantes (Ferrol) o 22 de novembro de 1945, é un político e crítico literario galego.

Infotaula de personaFrancisco Rodríguez Sánchez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de novembro de 1945 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Serantes, España Editar o valor em Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
23 de marzo de 2004 – 1 de abril de 2008

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Deputado no Congreso dos Deputados
21 de marzo de 2000 – 20 de xaneiro de 2004

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Deputado no Congreso dos Deputados
14 de marzo de 1996 – 5 de abril de 2000

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Deputado do Parlamento de Galicia
16 de novembro de 1993 – 13 de marzo de 1996 – Xaime Bello →
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

AELG: 81 Dialnet: 2429623

Traxectoria editar

Cursou Historia e Filoloxía Románica (sección de Hispánicas) na Universidade de Madrid, doutorándose pola Universidade de Santiago de Compostela en 1988. En 1968 gañou as oposicións de agregado de Lingua e Literatura españolas de bacharelato, exercendo a docencia en Albacete (1969-1971) e Ourense (1971-1973). En 1973 gañou as oposicións a catedrático de instituto, desempeñando as súas funcións como profesor en Cangas (1974-1976), Puerto Real (provincia de Cádiz), Carballo (1976-1979), A Estrada (1985) e Ferrol (1995).

Alén de publicar diversos libros sobre literatura galega, é autor de obras coma Galiza, razón de ser, recompilación de artigos publicados na prensa diaria ao longo do período que abarca a VI Lexislatura do Congreso dos Deputados (1996-2000).

Política editar

Foi elixido deputado no Parlamento de Galiza en 1993 polo Bloque Nacionalista Galego, ata o 13 de marzo de 1996, que foi substituído por Xaime Bello. Foi tamén deputado no Congreso dos Deputados, dende 1996 ata 2008. Foi Secretario Xeral da Unión do Povo Galego ata xuño do 2012, ano no que foi sucedido por Néstor Rego, así como membro do Consello Nacional do BNG e da súa Executiva, sendo o Secretario de Formación do partido.

Obra editar

 
Francisco Rodríguez no XIII Congreso da UPG.

Ensaio editar

Conversas editar

  • A nación galega existe: conversas con Francisco Rodríguez, con Xosé Mexuto, 2006, A Nosa Terra.

Obras colectivas editar

 
Problemática das línguas sen normalizar. Situación do galego e alternativas, 1980.

Obra en castelán editar

Obras colectivas editar

  • La lengua, en Los Gallegos, 1976, Istmo, Madrid.

Notas editar

  1. "Problemática das línguas sen normalizar. Situación do galego e alternativas" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de decembro de 2018. Consultado o 29 de decembro de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar