Abrir o menú principal

Abe Rábade

Abelardo Xesús Rábade Villar, nado en Santiago de Compostela o 8 de setembro de 1977, é un pianista galego de jazz.

Abe Rábade
Nacemento 8 de setembro de 1977
  Santiago de Compostela
Nacionalidade España
Ocupación pianista
Pai Xesús Rábade Paredes
Nai Helena Villar Janeiro
Irmáns María do Cebreiro
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Fillo dos escritores Xesús Rábade Paredes e Helena Villar Janeiro e irmán da poeta María do Cebreiro, comezou os seus estudos musicais en Santiago de Compostela, continuando no Berklee College of Music de Boston (1995-1999), onde estudou con Joanne Bracken e Kenny Barron. En 1996 formou o Abe Rábade Trío cos seus compañeiros de estudos na Berklee Paco Charlín ao baixo e Ramón Ángel na batería (substituído despois por Bruno Pedroso). O premio no festival de Getxo no 2000 levouno a gravar o seu primeiro disco en (directo o 5 de xullo dese ano), co que se fixo coñecido no panorama europeo. Desde o ano 2000 lidera o grupo "GHU! Project" composto polo seu trío e Jesús Santandreu (saxos) e Chris Kase (trompeta).

O 29 de maio de 2004 Abe realizou un concerto especial para o Xacobeo 2004, Cantigas suite. Dela di:

Trátase dunha obra na que adaptei dez cantigas medievais do século XIII a un contexto jazzístico. Para iso contei con Chris Kase, Jesús Santandreu, Pablo Castaño (saxofonista alto de Galicia), o meu trío estable con Paco Charlín e Ramón Angel e a excelente voz de Mísia nunha das pezas

.

En 2005 formou xunto a Guadi Galego e Ugia Pedreira o grupo Nordestin@s unha nova visión da música tradicional galega.

DiscografíaEditar

Abe Rábade Trío:

  • Babel de Sons (Xingra.com, 2001)
  • Simetrías (Xingra.com, 2002)
  • Playing on Light (Karonte/Nuba Records, 2006)

Abe Rábade GHU! Project

  • Vol.1 (Karonte, 2004)

Acompañante:

  • Wes Montgomery Revisited Miquel Casany (Sedajazz, 2005)
  • Out of the Cage Jesús Santandreu Quartet (Fresh Sound, 2006)
  • Jazz in Galiza Series vol.1 J. O’Gallagher, P. Charlín e J. Williams (Free Code, 2006)

Véxase taménEditar