Helena Miguélez-Carballeira
Helena Miguélez Carballeira, nada en Vigo en 1978, é unha filóloga galega.
Helena Miguélez-Carballeira | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Helena Miguélez Carballeira |
Nacemento | 1978 |
Lugar de nacemento | Vigo |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Vigo |
Ocupación | filóloga e profesora universitaria |
Premios | Fellow of the Learned Society of Wales |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Estudou Filoloxía Inglesa na Universidade de Vigo rematando en 2000. Fixo un máster en Estudos de Tradución na Universidade de Edimburgo, e doutorouse en Estudos Hispánicos. Foi profesora asociada no departamento de Estudos Hispánicos da Universidade de Aberdeen (2004) e en 2005 gañou a praza de profesora titular de Estudos Hispánicos no departamento de Linguas Modernas da Universidade de Bangor. É directora do Centro de Estudos Galegos en Gales. É editora fundadora da revista Galicia 21: Journal of Contemporary Galician Studies e ten publicado traballos nas revistas The Translator, Bulletin of Hispanic Studies, Translation Studies, Grial, Bulletin of Hispanic Studies, The Translator. En 2019 foi aceptada na Gorsedd Beirdd Ynys Prydain.[1] Forma parte do proxecto Espaço Clara Corbelle.[2]
Obras Editar
Ensaio Editar
- Galiza, um povo sentimental?: Género, política e cultura no imaginário nacional galego, 2014. Tradución de Galicia, a Sentimental Nation: Gender, Culture and Politics, 2013.
- A Companion to Galician Culture, 2014 (editora).
Traducións Editar
- I Am Not from Here de María do Cebreiro.
Premios Editar
- Premio da AELG ao mellor ensaio do 2014, por Galiza, um povo sentimental?.
Notas Editar
- ↑ "Fálase de". Praza Pública. Consultado o 10 de maio de 2019.
- ↑ Barros, Xosé. "Helena Miguélez: "Poñemos o traballo de investigación ao servizo dun proxecto transformador e emancipador"". Nós Diario. Consultado o 2021-09-30.
Véxase tamén Editar
Outros artigos Editar
Ligazóns externas Editar
- Ficha en galegos.info
- Blog da autora
- Dr Helena Miguélez-CarballeiraArquivado 28 de xullo de 2015 en Wayback Machine.