Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández

premio literario español

O Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández é un dos premios literarios nacionais de España convocados polo Ministerio de Cultura.[1]

Foi establecido en 2010 e a súa primeira convocatoria tivo lugar en 2011. O premio ten por obxectivo favorecer os novos poetas creadores para que sexan coñecidos e «outorgar unha primeira oportunidade para a difusión e o goce das súas obras». O premio instituíuse no centenario do nacemento do poeta Miguel Hernández e recoñece a obra publicada no ano anterior por un autor menor de trinta e un anos, a idade á que aquel morreu. A súa dotación económica inicial, como o resto dos premios nacionais de literatura, é de 20.000 euros.[1]

Galardoados editar

Relación de autores e obras premiadas:[2]

  • 2011: Laura Casielles por Los idiomas comunes
  • 2012: Martha Asunción Alonso por Detener la primavera
  • 2013: Unai Velasco por En este lugar
  • 2014: Carlos Loreiro por Los poemas de Marcelo Aguafuerte. Crónicas para El buey Apis
  • 2015: Gonzalo Hermo por Celebración
  • 2016: Constantino Molina Monteagudo por Las ramas del azar
  • 2017: Ángela Segovia por La curva se volvió barricada
  • 2018: Berta García Faet por Los Salmos Fosforitos
  • 2019: Xaime Martínez Menéndez por Cuerpos perdidos en las morgues
  • 2020: Alba Cid por Atlas[3]
  • 2021: María Elena Higueruelo Illana por Los días eternos[4]
  • 2022: Ismael Ramos por Lixeiro[5]
  • 2023: Mayte Gómez Molina por Los trabajos sin Hércules.[6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Ministerio de Cultura (2010-10-23). "Premio Nacional". /www.boe.es. pp. 89904–89905. Consultado o 2022-10-07. 
  2. "Premio Nacional de Literatura / Modalidad Poesía Joven Miguel Hernández". web.archive.org. 2018-07-17. Archived from the original on 17 de xullo de 2018. Consultado o 2022-10-07. 
  3. "Alba Cid, Premio Nacional de Poesía Joven 'Miguel Hernández' 2020". ElHuffPost (en castelán). 2020-10-20. Consultado o 2022-10-07. 
  4. "Premio". www.culturaydeporte.gob.es. 
  5. Diario, Nós (2022-10-07). "Ismael Ramos gaña o Premio de Poesía Miguel Hernández". Nós Diario. Consultado o 2022-10-07. 
  6. "Mayte Gómez Molina, premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández 2023". Diario ABC (en castelán). 2023-09-29. Consultado o 2023-09-29.