David Pobra

escritor galego

David Pérez González, nado na Pobra do Caramiñal o 14 de febreiro de 1981, é un escritor galego.

David Pobra
David Pobra na New York Public Library.jpg
Nacemento14 de febreiro de 1981
 A Pobra do Caramiñal
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciado en Filoloxía galega e Filoloxía hispánica na Universidade de Santiago de Compostela, e cun Diploma de Estudos Avanzados no departamento de Teoría da Literatura e Literatura Comparada. Na actualidade exerce como profesor de lingua e literatura no ensino secundario. Exerceu tamén como lector de lingua galega na Universidade de Granada. Traballou eventualmente en diversas montaxes de teatro. Publicou artigos xornalísticos e recensións críticas en Vieiros e Grial. Formou parte do consello de redacción da revista Dorna, e foi membro da editorial alternativa Estaleiro Editora.

ObrasEditar

PoesíaEditar

NarrativaEditar

  • Liña azul, 2014, Xerais.
  • Línea azul, 2016, Pulp Books.

Obras colectivasEditar

PremiosEditar

  • Gañador no Certame GZ Crea de poesía no 2008, por Poesía primeira de amor desamor e arrefriado.
  • Gañador do Certame Xuventude Crea de poesía no 2009, por Poesía segunda de amor desamor e sinusite.
  • Gañador do Certame de novela curta Cidade Centenaria de Ribeira no 2013, por Liña azul.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar