Mario Regueira
escritor galego
Mario Ibán Regueira Fernández, nado en Ferrol o 2 de marzo de 1979, é un escritor galego.
Mario Regueira | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 2 de marzo de 1979 |
Ferrol | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | poeta |
Xéneros | Poesía, narrativa e ensaio |
Estudos | Filoloxía Galega |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
É licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada. Colaborou en diversas publicacións como A Caramuxa, Citania, Dorna ou Nova Ólisbos, e en diferentes proxectos de creación na rede, así como na revista Grial, no Cartafol de Libros de Vieiros, na revista galega de música Sonotone e na editorial independente Estaleiro Editora.
Obras Editar
Narrativa Editar
- Rebelión no inverno, Xerais, 2004. Relatos.
- L'affiche rouge, Xerais, 2007. Novela.
- Outono aquí, Sotelo Blanco, 2012. Foi traducida ao castelán.[1]
Poesía Editar
- Tanxerina, Espiral Maior, 2006.
- Blues da crecente, Espiral Maior, 2009.
- O silencio, Xerais, 2012.
Ensaio Editar
- Lois Pereiro. Unha persecución, 2.0 editora, 2011.
Na Libraría Paz de Pontevedra o 5 de maio de 2022
Obras colectivas Editar
- Letras novas, Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2008.
- En defensa do poleiro, Toxosoutos, 2010.
- Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, AELG, 2011, libro electrónico.
- Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís, 2011, A Nave das Ideas.
- A cidade na poesía galega do século XXI, Toxosoutos, 2012.
- Novas de poesía. 17 poetas, Fundación Uxío Novoneyra, 2013.
- Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, A. C. Caldeirón, 2013.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.
Premios Editar
- Premio de poesía Pérez Parallé no 2006, por Tanxerina.
- Premio de Poesía Johán Carballeira no 2008, por Blues da Crecente.
- Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey no 2011, por Outono aquí.
Notas Editar
- ↑ "Las hojas muertas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-10.
- ↑ "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-01-16.