Premio de poesía Pérez Parallé

certame poético convocado polo Círculo Mercantil e Industrial-Unidad de Fene

O Premio Nacional de Poesía Xosémaría Pérez Parallé é un certame literario anual que convoca desde 1987 o Círculo Mercantil e Industrial-Unidad de Fene como homenaxe a Xosé María Pérez Parallé o día do seu pasamento o 1 de novembro.

Premio de poesía Pérez Parallé
Tipopremio literario
Data de fundación1987
Nomeado en referencia aXosemaría Pérez Parallé
SedeFene
PaísReino de Galicia
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Nun principio o premiado era un só poema en lingua galega ou castelá. En 2005, prodúcese unha transformación radical das bases do premio, por iniciativa dunha nova directiva do Círculo Mercantil e Industrial-Unidad e de Eduardo Estévez, quen coordinaba daquela un obradoiro literario do Concello de Fene. O premio pasou entón a dirixirse de forma específica a libros de poesía en galego de autores inéditos.

Inicialmente carecía de retribución económica, consistindo o premio na publicación da obra pola editorial Espiral Maior. Desde a XXV edición o premio conta cunha dotación económica que foi inicialmente de 500 € e foi subindo até acadar os 3000 € na edición de 2020.

Edicións editar

caption
Ano Persoa gañadora Obra Outra información
1988
(1ª edición)[1]
Guillermo Rocha Vigo Xurado: Juan Blanco Rouco, José Antonio Ponte Far, Pablo Bouza Suárez e Rafael Castro Estévez
1989
(2ª edición)
1990
(3ª edición)
César Augusto Pita Trinquete "Nas ruínas dun castelo" Mencións: Eumelia Sanz Vaca por "Parábola de la libertad" e Antonia Rocha Vigo por "O desterro"
1991
(4ª edición)
César Augusto Pita Trinquete "Volverei a brandi-la celta lira" Mencións: Eumelia Sanz Vaca por "Proclama de amor al mar" e Lázaro Domínguez Gallego por "Tríptico de la madre"
1992
(5ª edición)
Manuel Terrín Benevides "Encuentro en la otra orilla"
1993
(6ª edición)
Mª del Carmen Rubio López "La casa de los sueños"
1994
(7ª edición)
Eumelia Sanz Vaca "Pálpitos de atardecida"
1995
(8ª edición)
Eumelia Sanz Vaca "Tras de tus huellas"
1996
(9ª edición)
Xoán García López "Apazuga-las espadas"
1997
(10ª edición)
Mª José Iglesias Seage
1998
(11ª edición)
Xoán García López "Voltarán as andoriñas"
1999
(12ª edición)
César Augusto Pita Trinquete "Lembranza a Pérez Parallé" Accésit: Lázaro Domínguez Gallego por "Sonetos del peregrino"
2000
(13ª edición)
Mª Paloma Díaz Andina "Cando amanece" Accésit: Pablo Bouza Suárez por "Áncoras de agoiro"
2001
(14ª edición)
Lázaro Domínguez Gallego "A veces" Accésit: César Augusto Pita Trinquete por "Tres tempos na atardecida"
2002
(15ª edición)
Pablo Bouza Suárez "Entrega"
2003
(16ª edición)
Lázaro Domínguez Gallego "Mater admirábilis" Accésit: Marcelino Sixto Deibe por "Pranto de desamor"
2004
(17ª edición)
Teresa Núñez González
2005
(18ª edición)
Mario Regueira Tanxerina Xurado: Carlos Negro, Miro Villar e Rosa Méndez Fonte
2006
(19ª edición)
Xiana Arias Ortigas Xurado: María do Cebreiro, Mario Regueira e Medos Romero
2007
(20ª edición)
Valentina Carro Debaixo de Dziga Vertov hai unha buxaina Accésit: Alfredo Ferreiro por Metal central
Xurado: Ana Salgado, Lino Braxe e Xiana Arias
2008
(21ª edición)
Susana Sánchez Aríns (de)construçom Xurado: Alfredo Ferreiro, Rafa Villar e Valentina Carro
2009
(22ª edición)
Ramón Neto A estación única dunha illa Xurado: Baldo Ramos, Carmen Bar Cendón e Susana Sánchez Aríns
2010
(23ª edición)
María Rosendo Nómade Xurado: Pedro Casteleiro, Antía Otero e Ramón Neto
2011
(24ª edición)
Lorena Souto Fase de trema Xurado: Rosa Aneiros, Marica Campo e Andrea Nunes Brións
2012
(25ª edición)
Marisol Gándara Ata o corazón da mazá Xurado: Miguel Anxo Fernán-Vello, María Rosendo e Dores Tembrás
2013
(26ª edición)
Fran Cortegoso Memorial & danza Xurado: Marisol Gándara, Ramón Blanco Fernández e Olalla Cociña
2014
(27ª edición)
Eduard del Castillo Velasco Ruído de trens Xurado: Carlos Quiroga, Mariña Pérez Rei e Gonzalo Hermo
2015
(28ª edición)
Xesús Castro Yáñez Os nomes e os himnos Xurado: Estíbaliz Espinosa, Estevo Creus e Fran Cortegoso
2016
(29ª edición)
Miriam Ferradáns Dos nomes do fume O libro editouse co título Nomes de fume
Xurado: Lara Dopazo, Paco Souto e Eduard del Castillo Velasco
2017
(30ª edición)
Carlos Lixó Gómez Murallas de pedra sen cemento que duran para sempre O libro editouse co título As casas
Xurado: Chus Nogueira, María Lado e Jesús Castro Yáñez
2018
(31ª edición)
Amauta Castro A tarde. O desacougo Xurado: Manuel Forcadela, Berta Dávila e Miriam Ferradáns
2019
(32ª edición)
Regina Touceda deriva Xurado: Elvira Ribeiro, Lorena Souto, Daniel Salgado
2020
(33ª edición)[2]
Sara Plaza Moreno Todos os pasos fan ruído Xurado: Carlos Lixó, Lucía Novas, Iris Cochón
2021
(34ª edición)[3]
Anxo Mena Alimentar canarios con ovos da casa Xurado: Inma Otero, Ramiro Torres e Regina Touceda
2022
(35ª edición)[4]
Gisela Mato Fraxilidades Xurado: Sara Plaza, Tamara Andrés e Oriana Méndez
2023
(36ª edición)[5]
Xosé Carlos Carracedo Porto Xurado: Anxo Mena, Ana Varela e Alba Cid

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar