Estíbaliz Espinosa
Estíbaliz Espinosa Río, nada na Coruña o 6 de xullo[Cómpre referencia] de 1974[1], é unha escritora galega.
Estíbaliz Espinosa | |
---|---|
![]() Estíbaliz Espinosa recitando | |
Nacemento | 6 de xullo de 1974 |
A Coruña | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritora, poeta, música e astrónomo amador |
Xéneros | Poesía |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Como poeta deuse a coñecer con Mecánica Zeleste. Posteriormente, Pan (libro de ler e desler), –orama e número e forman un ciclo con textos que aluden aos números, á identidade perdida e á cibernética.
Na rede é responsábel de varios proxectos: os blogs ...mmmm..., [...] e abra la cápsula, por favor. Ten gravado audiopoemas (Instituto Cervantes de Nova York, El Gaviero, 2005) e podcasts (1º premio de Podcasts Poético-Artísticos do Ajuntament de Tarragona, 2006).
Codirixiu e presentou Ulalume, un programa de contacontos na radio independente Cuac FM (1996-2001). De aí xurdiu Contacontos Ulalume, e colaborou en varias obras de teatro, e ten actuado no campo musical como cantante.
Ten obra traducida ao alemán (Sprachbuch, Sprache ist alles, Ernst Klett Sprachen, 2003), castelán, inglés (Big Bridge) e italiano (L'Europa dei giovanni, CLEUP, Universitá di Padua, 2007, pp. 157–169).
Participou en revistas de ámbito nacional[2] e internacional.[Cómpre referencia]
Obra en galegoEditar
PoesíaEditar
- Mecánica zeleste (1999).
- Pan (libro de ler e desler) (Sociedad de Cultura Valle-Inclán, 2000).
- Orama (Deputación de Pontevedra, colección Tambo, 2002).
- Número e (Espiral Maior, 2004).
- Zoommm. Textos biónicos (A Regueifa Plataforma (descarga libre en www.aregueifa.net), 2007. Publicado como libro en Xerais no 2009).[3]
- Curiosidade (Aira Editorial, 2017)[4]
Literatura infanto-xuvenilEditar
Obras colectivasEditar
- O libro dos abanos (palabras no aire) (Follas Novas, 2002).
- XVI Festival da Poesia no Condado. Outro mundo é posível (S. C. D. Condado, 2002).
- Mujeres de carne y verso (La Esfera, Madrid, 2002). Edición bilingüe galego-castelán.
- Poesía Galega Contemporánea III 1975-2000, La Voz de Galicia. Edición bilingüe galego-castelán.
- Sprache ist alles...(Ed. Klett-Cotta, Stuttgart)
- Alma de beiramar (Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2003).
- Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (Fundación Araguaney, 2003).
- Negra Sombra (Espiral Maior, 2003).
- Das sonorosas cordas (Eneida, Madrid, 2005).
- O desafío das ondas (Autoridade Portuaria da Coruña, 2005).
- Que la fuerza te acompañe/May the force be with you (Salamandria, 2005).
- Son de poesia (Edições Fluviais, Lisboa, 2005).
- Do máis fondo do silencio saen voces (Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña, 2006).
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (Difusora, 2006).
- A Coruña á luz das letras (Trifolium, 2008).
- Letras novas (Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2008).
- Erato bajo la piel del deseo (Sial Ediciones, 2010).
- Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís (A Nave das Ideas, 2011), libro electrónico.
- Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro (AELG, 2011), libro electrónico.
- As que rubimos montañas (2012, Meubook/Implicadas).
- A cidade na poesía galega do século XXI (2012, Toxosoutos).
- Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto (2013, A. C. Caldeirón).
- Poesía Hexágono. Ollada e Experiencia. Proposta e resposta nas aulas (2014, Apiario).
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
- Os aforismos do riso futurista (2016, Xerais).
PremiosEditar
- Premio Esquío de poesía no 1999, por Pan (libro de ler e desler).
- Premio Díaz Xácome de Novos Creadores no 2001, por -orama.
- Premio Espiral Maior no 2001, por número e.
- XV Premio de poesía Afundación en 2017, por As neuronas irmás.
- XLV Premio Modesto Rodríguez Figueiredo en 2020, por 23 xeitos de inventar unha constelación.[6]
Obra en castelánEditar
- Ana la Gaviera (El Gaviero, 2014)
PoesíaEditar
NotasEditar
- ↑ La coruñesa Estíbaliz Espinosa gana el premio Semana Negra de poesía, La Opinión, 24 de xullo de 2011 (en castelán).
- ↑ "Estíbaliz Espinosa". Dialnet (en castelán). Consultado o 2019-02-19.
- ↑ "datos.bne.es". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 2019-02-19.
- ↑ https://airaeditorial.gal/titulos/curiosidade/
- ↑ "datos.bne.es". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 2019-02-19.
- ↑ "Estíbaliz Espinosa gaña o certame literario Modesto R. Figueiredo dotado con 1.000 €". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2020-01-27.
- ↑ "datos.bne.es". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 2019-02-19.