Premio de poesía Díaz Jácome

certame literario galego

O Certame de poesía Díaz Jácome para novos creadores é un certame de poesía convocado polo Concello de Mondoñedo co patrocinio da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, co afán de estimular a creación poética entre a mocidade, que se vén realizando dende o ano 1999. Este premio está dedicado a Xosé Díaz Jácome, natural de Mondoñedo.

Historia e características editar

Iniciado en 1999 como Premio Díaz Jácome de Poesía coa finalidade de premiar unha traxectoria literaria, foille concedido a Xosé Luís Méndez Ferrín. A partir da segunda edición, en 2000, transformouse nun certame dedicado a novos creadores.[1]

Gañadores editar

Ano 1º Premio 2º Premio 3º Premio
1999 (I edición) Xosé Luís Méndez Ferrín
2001 (II edición) Estíbaliz Espinosa Francisco Javier Paredes Lucía Novas
2002 (III edición) José Ángel García López Ramón Echeverri Caamaño Alicia Fernández Rodríguez
2003 (IV edición) Óliver Escobar Rodríguez Xacobo Casal Villares Ramón Echeverri Caamaño
2004 (V edición) Xacobo Casal Villares Fátima Núñez Delgado Óliver Escobar Rodríguez
2005 (VI edición) Xacobo Casal Villares Lucía Novas Óliver Escobar Rodríguez
2006 (VII edición) Diana Varela Puñal Ramón Noche Fraga Lucía Mosquera Novoa
2007 (VIII edición) Lucía Mosquera Novoa Noelia Sánchez Conde Rocío Leira Castro
2008 (IX edición) Luz Airado Rocío Leira Castro
2009: X edición) Rocío Leira Castro Noelia Martínez Rey
2010: XI edición) Xacobo Casal Villares, por Residencia no mar Lucía Barrera, por Infinda sonata Noelia Martínez, por Vagarosamente inxénua
2011: XII edición) Xurxo Martínez González, por Nocturno de Mondoñedo Elías Portela, por Lingua de lais nas chagas do vento Xosé Daniel Costas Currás, por Toda a illa era un enorme penedo atlántico
2012: XIII edición) Anxo Mena, por Comezando a loita Jesús Castro Yáñez, por Paisaxe con afogado María Helena López González, por Poñentes
2013: XIV edición) Rafa Lobelle, por Da retranca dos teus ollos Juan Manuel Castiñeira Ramallo, por Petan na alma silencios Andrea Maceiras, por Auga lonxincua
2014: XV edición) Aleixandre Lago Barcala, por Poesías Iris Carro González, por A luz agochada entre as sombras Alba Sánchez Ares, por Pingas de bángoz.
2015: XVI edición) Mateo Buján Varela, por Ti víchesme o outro día Antía Juncal Avendaño, por Turxencia na pel Raúl Costas Pereira, por Actualidade.
2016: XVII edición) Alba Sánchez Ares, por De Ela Tamara Andrés Padín, por O suicidio da camelia Daniel Irimia, por Resoar de amor e morte
2017: XVIII edición) María Belén Senín Santiago, por A culpa Iris Castro González, por Transgredir a alma Héctor Acebo Bello, por A carriola do merlo
2018: XIX edición) Berta Dávila Fernández, por Limiar Alexandre Fernández Peón, por Crónica bélica da devastación en cinco minutos Laura López Esteban, por Renacer
2019: XX edición) Lois Alcayde Dans, por Anoar Aleixandre Lago Barcala Isolda Comesaña
2020: XXI edición) Miguel Cavadas Docampo, por Adagio Quico Valeiras, por Catro notas arredor desta caixa para despois Adrián Maceda Fernández, por Cinco anticipacións a un corazón caído
2021: XXII edición) Adrián Agustín Vázquez Rodríguez, por Nome da ausencia Adrián Maceda Fernández Branca Trigo Cabaleiro
2022: XXIII edición) Alba Doval Rodríguez, por A herba que crece sobre nós Ciro Fernández Briones, por Cando brotan no campo rebelións Clara Vidal López, por Os Caracois Alpinistas

Notas editar

  1. "Mondoñedo convierte el premio Díaz Jácome en un certamen dedicado a jóvenes poetas", La Voz de Galicia, A Mariña, 30-11-2000, p. 9.