Amauta Castro

poeta galego

Rafael Xoán Muñoz Castro, que usa o heterónimo literario Amauta Castro, nado en Barakaldo en 1981, é un poeta e tradutor galego residente en Xirona.

Infotaula de personaAmauta Castro
Biografía
Nacemento1981 Editar o valor em Wikidata (42/43 anos)
Barakaldo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , tradutor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Premios

AELG: 592 Dialnet: 2131058

Traxectoria editar

Nado en Barakaldo, residiu en Vigo durante a maior parte de infancia e adolescencia e máis tarde en Santiago de Compostela. Residente en Xirona desde 2004. Colaborou en Dorna, Andar21 e Ligeia.[1] Ten colaborado co suplemento ”Altermundo” de Galicia Hoxe e nunha edición monográfica sobre o político, pensador e editor galego Ánxel Casal. En solitario, publicou o seu primeiro libro de poemas “Nos muros do mundo” en 2012. Levou a súa voz a diversos festivais e accións poéticas coma o X Festival de Poesia a les Caves (Sant Sadurní d’Anoia, 2017) o “Proxecto Catalizador 2013”, dentro da Semana de Poesia de Barcelona de 2013. No eido da tradución, trasladou a lingua galega o texto poético “Mar da Morte” do poeta catalán Santi Borrell.

Obra publicada editar

Salferiu os seus textos en publicacións como Dorna, Antoloxía poética da diáspora galega, Olláparo ou Andar21 e publicou en solitario unha autodenominada escolma incompleta:

  • Participou na Antoloxía Poética da diáspora Galega (Editada pola Asociación Cutural Fillos de Galicia coa axuda da Secretaria Xeral de Emigración da Xunta), 2007
  • Tamén en Ánxel Casal: editor e intelectual galeguista (publicado pola biblioteca pública Ánxel Casal, de Compostela)
  • Nos muros do mundo, Edizer, 2012
  • Revista “Dorna” números 31, 35 e 39
  • Tradución ao galego de “Mar da Morte” (Edicións de Pedra, 2017) do poeta en lingua catalá Santi Borrell, en edición bilingüe.
  • Libro Colectivo “O poliedro da soidade” (Andavira Editora, 2018) libro promovido polo Centro de Estudos Galegos do Departamento de Filoloxía Románica da Universidade Complutense de Madrid.
  • Poesia a les Caves (Regidoria de Cultura, Ajuntament de Sant Sadurní d’Anoia, 2018), libro colectivo e conmemorativo que recolle poemas dos autores que participaron nas diversas edicións do Festival de Poesia a les Caves e que inclúe poetas coma Lluís Calvo, José Corredor-Matheos ou Pura Salceda.

Premios editar

  • 3º premio Rosalía de Castro en 2006 por Mar (poema sen título), convocado pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà.
  • 1º Premio no Certame San Xurxo (2007) por Palabras de Amauta, convocado polo Centro Galego de Barcelona.
  • 2º Premio Rosalía de Castro en 2011 por Setembro, convocado pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà.
  • 1º premio Certame Rosalía de Castro en 2017 por "Da pel sae o escuro", convocado pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà.
  • 2º premio Concello de Ames en 2018 na modalidade de poesía por "Este corpo momentáneo"
  • Premio de poesía Pérez Parallé 2018.

Notas editar

  1. "Amauta Castro". Ligeia. Revista de Literatura (1). Xuño/setembro 2018. ISSN 2603-7416. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar