Cornellà de Llobregat

concello da provincia de Barcelona

Cornellà de Llobregat é un municipio e cidade española, que forma parte da comarca do Baix Llobregat, na provincia de Barcelona, Cataluña. Limita cos municipios de L'Hospitalet de Llobregat, Sant Boi de Llobregat, El Prat de Llobregat, Sant Joan Despí e Esplugues de Llobregat.

Cornellà de Llobregat
Torre de la Miranda
Localización
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCataluña Cataluña
ProvinciaBarcelona
ComarcaBaix Llobregat
Xeografía
Altitude27 msnm
Superficie6,96 km²
Demografía
Poboación87.240 hab. (2010)
Densidade12.534,48 hab/km²
XentilicioCornellanenc, cornellanenca
Outros datos
Código postal08940
AlcaldeAntonio Balmón Arévalo (PSC-PSOE)
www.cornellaweb.com

Historia Editar

 
Castelo de Cornellà

A historia de Cornellà de Llobregat está definida por tres factores principais: a súa proximidade á cidade de Barcelona, o ser un territorio de paso (así como toda a comarca do Baix Llobregat) das vías de entrada e saída da capital de Cataluña, e a presenza do río Llobregat. O seu nome posúe unha orixe romana (Cornelianus) e as características arquitectónicas da cidade posúen trazos visigóticos.

A primeira referencia escrita da cidade data de 980, cando xa existía unha igrexa e unha torre de defensa contra os sarracenos no mesmo lugar que onde hoxe se establece o actual Castelo (construído no século XIV). A cidade foi incorporada ao territorio de Barcelona no século XIII e por pouco tempo, pertenceu ás "Franqueses del Llobregat", onde se desenvolvía principalmente a actividade agrícola. A cidade foi dominada polos "masos" ata o século XVIII.

No ano 1716 a cidade separouse de Barcelona polo Decreto de Nova Planta, e pasou a formar parte da comarca do Baix Llobregat. No ano 1819, xunto coa inauguración da Canle da Infanta desenvólvese o regadío e comézase un proceso de industrialización. O ferrocarril chega á cidade en 1854. Durante un século o sector téxtil convértese na base económica do municipio e á vez crecen os núcleos de poboación separados do centro (barrios de Riera, Almeda, El Pedró e La Gavarra). De 1950 en diante, multiplícase a chegada de novos habitantes e acentúase o proceso de industrialización e urbanización. Constrúese o barrio de Sant Ildefons (anos 60) e Fontsanta (1974). Chégase a 100.000 habitantes en 1979.

A cidade adquire relevancia como referente da loita obreira e social pola democracia nos últimos anos do franquismo.

Xeografía Editar

A cidade de Cornellà está ao suroeste da gran conurbación que ten por centro Barcelona. Cornellà sitúase ao nordés do gran meandro do Llobregat, entre a beira esquerda do río e os estribos da montaña de Collserola, no límite nororiental do delta do Llobregat.

O clima é tipicamente mediterráneo cunha media anual duns 7 a 9 °C no inverno e uns 28 a 30 °C no verán. Nos meses de xullo e agosto corresponde o período de mínimos de choiva e máximos de temperatura. Os máximos en canto a precipitacións rexístranse en xeral no outono.

Demografía Editar

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2008
2.197 7.031 11.473 77.314 90.956 80.998 85.180

Distritos Editar

 
Barrio de Sant Ildefons, coa Torre de la Miranda.

Cornellà de Llobregat divídese administrativamente en seis distritos (I, II, III, IV, V e VI). Estes distritos coinciden parcialmente coa división máis usual e recoñecible por parte da poboación, que corresponde aos seguintes barrios:

Galería de imaxes Editar

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar