Xosé Carlos Carracedo Porto
Xosé Carlos Carracedo Porto, nado en Santiago de Compostela o 8 de novembro de 1990, é un mestre e escritor galego.[1]
(2021) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de novembro de 1990 (33 anos) Santiago de Compostela, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Premios | |
Traxectoria
editarÉ Graduado en Maxisterio e escritor. Na mocidade e con certa axuda de Neira Vilas escribiu a súa ópera prima Somos de Arxerís, que ilustrou o fotógrafo Fuco Reyes.[2] Posteriormente empezou a traballar con nenos e nenas de altas capacidades en proxectos impulsados pola Universidade de Santiago de Compostela en diversos lugares da xeografía galega. No 2018 participou con María Solar, María Oruña e Armando Requeixo no Congreso Internacional de Altas Capacidades como relator na mesa de Talento Literario.
Na década de 2020 empezou a publicar textos nas súas redes sociais e publicou o libro autobiográfico Diario dun confinamento. Gañou o premio de poesía Pérez Parallé en 2023.[3]
Obra
editar- Somos de Arxerís (2017). Noia: Edicións Toxosoutos. 154 páxs. ISBN 978-84-120613-1-4 (2ª, 2019).
- Diario dun confinamento (2021). Santiago: Edicións Bolanda 160 páxs. ISBN 978-8418176678.[4]
- Utensilios de cociña e algúns obxectos caleidoscópicos (2024). Culleredo: Espiral Maior. 82 páxs. ISBN 978-84-127343-4-8.
Notas
editar- ↑ Lalín, Javier A. Cortés (2017-07-28). "Xosé Carlos Carracedo Porto: "Un texto debe ter algunha emoción que o identifique como humano"". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-04-25.
- ↑ "Xosé Carlos Carracedo: «Un suspenso en Lingua e un mestre xenial provocárono todo»". La Voz de Galicia. 2019-07-31. Consultado o 2023-04-25.
- ↑ El compostelano Xosé Carlos Carracedo Porto gana el premio de poesía Pérez Parallé 2023
- ↑ ECG, Redacción. "Bolanda publica ‘Diario dun confinamento’, libro de Xosé Carlos Carracedo". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2023-04-25.