Tamara Andrés

escritora e tradutora galega

Tamara Andrés Padín, nada en Combarro (Poio) o 8 de agosto de 1992, é unha escritora e tradutora galega.

Modelo:BiografíaTamara Andrés

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de agosto de 1992 Editar o valor en Wikidata (32 anos)
Poio, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, tradutora, mestra Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX5563921 AELG: 587

Traxectoria

editar

Graduada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo e titulada no mestrado en Estudos Teóricos e Comparados da Literatura e da Cultura pola Universidade de Santiago de Compostela.[1][2] Tras estudar o Mestrado para o Profesorado, na especialidade de linguas estranxeiras, dedicouse ao ensino de idiomas.

No 2015 publicou Amentalista, unha particular homenaxe ao pintor René Magritte,[2] pintor que mereceu a súa atención en diversas investigacións e artigos. Nese mesmo ano gañou o Concurso de Poesía O Facho con Nenæspiraes, poemario publicado na editorial Medulia. A finais de 2017 publicou Corpo de Antiochia na colección Dombate da Editorial Galaxia, poemario autotraducido ao castelán e finalista do Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández 2018.[3]

Comezou a súa tese sobre poesía e tradución dentro do programa de Doutoramento en Tradución e Paratradución da Universidade de Vigo. Dirixiu e colaborou en diversos proxectos literarios, audiovisuais e escénicos. En 2018 comezou a dirixir con Marcus Daniel Cabada a revista Ligeia.[2] En 2024 pasou a dirixir a colección Dombate de editorial Galaxia.[4]

 
Presentación de Ligeia, Bueu, 22/09/2018. Con Marcus Daniel Cabada

Obras individuais

editar
 
Acompañando a Diego Alfonsín na presentación de Non o saben as estrelas. Libraría Paz de Pontevedra. 08/02/2019

Obras colectivas

editar
  • Wine&Roses, LeTour1987, 2016
  • Contos de Nadal, Revista Criaturas, 2016
  • No seu despregar, Apiario, 2016
  • Xohana Torres, natureza de illa, Real Academia Galega, 2018
  • Álvarez Luís, Alberto; Andrés, Tamara; Luna Alonso, Ana (2024). O son en que cada lingua se solta. Luísa Villalta tradutora, Luísa Villalta traducida. Universidade de Vigo. 323 páxs. ISBN 978-84-1188-016-9. Escolma de traducións feitas pola autora e de textos seus traducidos a outras linguas.[14]

Traducións literarias

editar
  • Bruxas a Morta, de Georges Rodenbach (BIVIR, 2014)
  • Ernesto e Celestina, músicos da rúa, de Gabrielle Vincent (Kalandraka, 2016)
  • Agni e a chuvia, de Dora Sales (Kalandraka, 2016)
  • París en pijamarama, de Michaël Leblond e Frédérique Bertrand (Kalandraka, 2016)
  • Museo en pijamarama, de Michaël Leblond e Frédérique Bertrand (Kalandraka, 2017)
  • Ernesto e Celestina perderon a Simeón, de Gabrielle Vincent (Kalandraka, 2017)
  • O Nadal de Ernesto e Celestina, de Gabrielle Vincent (Kalandraka, 2018)
  • A túa historia, de Kathryn Strobel, ilustrado por Vanesa Álvarez (Galaxia, 2019)
  • As iluminacións, de Arthur Rimbaud (Kalandraka, col. Tambo, 2023; traducida en tándem con Oriana Méndez). Esta obra supúxolles obteren o premio Plácido Castro de Tradución de 2023.

Recoñecementos

editar
 
Pontevedra, 03/02/2019, con Silvia Penas e Marcus Daniel Cabada.

Poesía

editar
  • 2000: Gañadora da modalidade poética do Concurso Literario Xaime Illa Couto.
  • 2014: Accésit dos Premios de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo polo poemario Xogos surrealistas.
  • 2015: Gañadora do Premio de Poesía O Facho polo poemario Nenæspiraes.
  • 2016: Segundo premio do XVII Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores do Concello de Mondoñedo polo poemario O suicidio da camelia.
  • 2017: 2º premio dos Premios de poesía, relato curto e tradución literaria da Universidade de Vigo polo poemario Recuperar as mans.
  • 2017: 3º premio da modalidade poética do certame Xuventude Crea polo poemario A lingua secreta dos nenos franceses.
  • 2018: Finalista do I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil por irmá paxaro.
  • 2018: Finalista do Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández por Corpo de Antiochia.[2]
  • 2024: Premio Plácido Castro de Tradución (Con Oriana Méndez) por As iluminacións, de Arthur Rimbaud.[2][15]

Narrativa

editar
  • 2015: 2º premio do II Concurso de relato breve convocado pola Biblioteca Pública de Pontevedra por «A purificación de Vedra».
  • 2016: Gañadora do IV Certame de Relato Curto organizado pola FANPA de Pontevedra por «A eterna bailarina».
  • 2017: 3º premio na modalidade de traballo literario breve dos I Premios Provinciais da Xuventude convocados pola Deputación de Pontevedra con «Os amantes tráxicos».

Tradución

editar
 
25 anos con Lois Pereiro. Libraría Paz de Pontevedra. Con Lucía Novas, Ana Acuña, Ramón Rozas e Xaime Toxo.
  1. "Tamara Andréx". lapiedradesisifo. Consultado o 03/02/2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Cocaño, Raquel; C., B. (3 de setembro de 2024). "Tamara Andrés e Oriana Méndez gañan o premio Plácido Castro cunha tradución ao galego dun poeta francés". lavozdegalicia.es. Consultado o 9 de setembro de 2024. 
  3. "Tamara Andrés: “La poesía es el fantasma de lo que has sido”". mundiario.com. Consultado o 23/09/2018. 
  4. "A escritora Tamara Andrés ponse á fronte da colección 'Dombate' de Editorial Galaxia". Diario de Pontevedra. 4 de novembro de 2024. 
  5. "Tamara Andrés". catalogo.bne.es. Consultado o 23/09/2018. 
  6. "Tamara Andrés". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-02-03. 
  7. "Entrevistamos a Tamara Andrés Padín". universodelibros.com. Arquivado dende o orixinal o 18/09/2019. Consultado o 23/09/2018. 
  8. "Nenæspiraes, de Tamara Andrés Padín". Caderno da crítica. 2016-01-09. Consultado o 2019-02-03. 
  9. "Ficha do libro na Ed. Galaxia". editorialgalaxia.gal. Consultado o 23/09/2018. 
  10. Nicolás, Ramón. "Corpo de Antiochia, de Tamara Andrés". cadernodacritica. Consultado o 23/09/2018. 
  11. Nicolás, Ramón (2019-12-19). "Irmá paxaro, de Tamara Andrés". Caderno da crítica. Consultado o 2020-03-05. 
  12. "Distancias". Editorial Galaxia. Consultado o 2020-03-05. 
  13. Diario, Nós (2024-07-10). "Tamara Andrés: "Neste poemario é evidente unha das obsesións que tiña: a sonoridade do aire"". Nós Diario. Consultado o 2024-07-11. 
  14. "O son en que cada lingua se soltaServizo De Publicacións Da Universidade De Vigo - Editorial Tirant Lo Blanch". editorial.tirant.com. Consultado o 2024-09-28. 
  15. "Listado de contidos apra a etiqueta "Premio" Fundación Plácido Castro". www.fundacionplacidocastro.com. Consultado o 2024-09-02. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar