Eduard del Castillo Velasco

escritor e tradutor catalán


Eduard del Castillo Velasco, máis coñecido como Eduard Velasco, nado en Barcelona o 22 de decembro de 1982, é un filólogo, tradutor e escritor catalán vinculado ás culturas catalá e galega.[1]

Modelo:BiografíaEduard del Castillo Velasco

(2012) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de decembro de 1982 Editar o valor en Wikidata (41 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, profesor de ensino secundario, tradutor, profesor de catalán Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

BNE: XX5187091 AELG: 510

Traxectoria

editar

É licenciado en filoloxía catalá e filoloxía galega pola Universidade de Barcelona, onde colaborou no Proxecto Galauda dirixido por Sabela Labraña.[2] Ten traballado como docente de catalán e de galego e en labores de tradución e corrección.

Foi colaborador de diversos medios galegos, como os xornais Vieiros, A Peneira ou Sermos Galiza. É membro de Espazos Radiofónicos Galegos en Catalunya (Ergac), de cuxo boletín A micro pechado foi redactor, e mantén o blog Catalunya a Galícia, a Galiza en Cataluña.

En 2011 comezou a traballar no ILG[3] e publicou a tradución ao galego da novela de Emili Teixidor Pan negro.[4] Así mesmo é o tradutor ao catalán dalgúns relatos da coruñesa Begoña Paz.[5][6] En 2012 encargouse da tradución ao galego da primeira novela modernista catalá, Els sots feréstecs, que apareceu co título As valgadas bravas.

No curso 2013-2014 foi profesor de estudos cataláns na Universidade de Lisboa. Dende xuño de 2016 ata 2018 xestionou, xunto a poeta Alicia Fernández Rodríguez, a libraría especializada en poesía Chan da Pólvora, de Compostela, como parte dun proxecto máis amplo no que tamén participa Antón Lopo.[7] En 2017 instálase en Cataluña, onde exerce a docencia.

A súa andaina como escritor en galego comeza con dous títulos premiados, Ruído de trens e O filósofo coxo. En 2019 publica a súa primeira novela, Os días felices de Benvido Seixas, unha novela que, segundo a sinopse, "enreda cos tópicos da cultura galega".

 
Nunha charla sobre a lingua catalá no Centro Social A Revira (Pontevedra)

Poesía

editar

Narrativa

editar

Infanto xuvenil

editar

Tradución

editar

Do catalán ao galego

editar

Do galego ao catalán

editar
  • "Cos de mudances" (título orixinal: Corpo de mudanzas), de Begoña Paz. En Taller de traducció del gallec i del portuguès. Barcelona: Estudis Gallecs i Portuguesos - Universidade de Barcelona, 2011.
  • "El pes del meu desig" (título orixinal: O peso do meu desexo), de Begoña Paz. En Taller de traducció del gallec i del portuguès. Barcelona: Estudis Gallecs i Portuguesos - Universidade de Barcelona, 2011.
  • El porc dempeus (título orixinal: O Porco de Pé), de Vicente Risco. Fundación Vicente Risco, 2013.
  • Tants anys de silenci (título orixinal: Tantos anos de silencio), de Francisco Castro. Capital Books, 2020.
  • Conquerir una espurna. Conquistar unha faísca. Escolma poética, de Ricardo Carvalho Calero. Estudis Gallecs i Portuguesos, Universidade de Barcelona, Chan da Pólvora, 2020.
  • Un senyor elegant (título orixinal: Un señor elegante), de Suso de Toro. Més Llibres, 2021.
  • No pensis en un elefant rosa (título orixinal: Non penses nun elefante rosa), de Antía Yáñez. Contraluz, 2022.
  • Enfeitar o ceo. Abillar el cel, de Florencio Delgado Gurriarán. Estudis Gallecs i Portuguesos, Universidade de Barcelona, Chan da Pólvora, 2022.
  • No hi queda ningú, de Brais Lamela. Kalandraka Catalunya, 2022
  • La ferida imaginària (título orixinal: A ferida imaxinaria), de Berta Dávila. Les Hores, 2024.

Obras colectivas

editar
  • A garza insomne (2016). Vigo: Galaxia.

Artigos

editar
  • "O indruvidismo: unha filosofía esquecida", Cincocentas peneiras para 25 anos. Ponteareas: Edicións Alén-Miño, 2010.[13]
  • “Sobre a tradución ao galego de Pa negre”. Viceversa: revista galega de tradución, 17-18 (2011-2012), p. 175-184.
  • "Unha ollada á Galiza en liberdade", Luzes da Galiza, 47, 2011.

Premios

editar
  1. "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-06-09. 
  2. Sabela Labraña e Eduard del Castillo presentaron conxuntamente unha comunicación en 2003 no VII Congreso Internacional da AIEG celebrado na Universidade de Barcelona, e recollido nas actas, "Catalán e galego: do coñecemento das linguas á convivencia das culturas".
  3. Como lingüista colaborou en diversos proxectos e publicacións, como o Corpus audiovisual plurilingüe (Barcelona: Edicions da Universitat de Barcelona, 2008), o libro docente Vencello do Proxecto Galauda, Bilega (en 2017) do Centro Ramón Piñeiro, entre outros.
  4. del Castillo Velasco, Eduard. "Emili Teixidor era o prodixio das palabras". Núvol (en catalán). Consultado o 2019-04-25. 
  5. Relato Cos de mudances Arquivado 04 de agosto de 2014 en Wayback Machine. (en catalán)
  6. Relato El pes del meu desig Arquivado 06 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en catalán)
  7. Antón Lopo bota a andar unha editorial especializada en poesía Arquivado 15 de setembro de 2017 en Wayback Machine., nova en Sermos Galiza o 25 de maio de 2016.
  8. Nicolás, Ramón (2015-10-25). "Ruído de trens, de Eduard Velasco". Caderno da crítica. Consultado o 2022-06-09. 
  9. "Eduard Velasco fálanos de 'O filósofo coxo' CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2022-06-09. 
  10. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-06-09. 
  11. Rodríguez Díaz, Mª Olga (outubro, novembro, decembro 2022). "Humor e mestría para nenos e nenas sen idade". Grial LX (236): 116–117. ISSN 0017-4181. 
  12. As valgadas bravas Arquivado 07 de setembro de 2017 en Wayback Machine., ficha na web de Hugin e Munin.
  13. Na conta Issuu de Eduard del Castillo aparece unha publicación en autoedición con título en galego e catalán, O lonxicornio: àgora internacional de pensament indrúvid, n. 1, solstici d'estiu 2011. Nel abúndase no indruvidismo e reprodúcese o manifesto con que o autor remata a súa colaboración para Cincocentas peneiras para 25 anos.
  14. Un calatán acada o primeiro premio no III Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, nova en Cronica3.com o 28 de outubro de 2014.
  15. "Eduard Velasco gaña o Díaz Castro de poesía" Arquivado 01 de marzo de 2017 en Wayback Machine., nova en Sermos Galiza, o 28 de febreiro de 2017.
  16. Palacios, Xosé María (28 de febreiro de 2017). "Eduard Velasco, gañador da segunda edición do premio de poesía Díaz Castro". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 26 de abril de 2024. 
  17. Camilo Nogueira e Eduard Velasco gañan o premio Antón Losada Diéguez

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar