Estevo Creus

poeta galego

Estevo Creus Andrade, nado en Cee en 1971, é un escritor galego que ten destacado especialmente no eido da poesía.

Modelo:BiografíaEstevo Creus
Biografía
Nacemento1971 Editar o valor en Wikidata (52/53 anos)
Cee, España Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalPsicoloxía
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía
Premios

BNE: XX825497 AELG: 121 BUSC: creus-andrade-estevo-1971 Dialnet: 2177391

Traxectoria

editar
 
Estevo Creus recitando nun supermercado.

Foi un dos fundadores do Batallón Literario da Costa da Morte, participando en obras colectivas como Nós (1997) e Mar por medio (1998). Previamente publicara como narrador os relatos E a catro patas: quilómetros... (1994) e Confeso que matei a bambi (1996).

A súa primeira obra individual é do 1996, cando sae á luz Poemas da cidade oculta. Ese mesmo ano gaña con Areados o Premio de poesía Miguel González Garcés da Deputación da Coruña. No ano 1998 gaña o premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón co poemario Teoría do lugar, e no 2002 o III Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño con Decrúa.

Interesado en experimentar coas novas formas da edición, convértese nun dos membros fundadores da editora Letras de Cal e participa tamén no proxecto Retagarda Edicións dedicado a editar libros en formato dixital empregando o diskette como soporte. Publica nese formato O libro dos cans no ano 2000. Tamén no ano 2007 e xunto co seu irmán, o escritor e artista gráfico David Creus, publica facer Merzbau non ou posible?, un libro que pretende borrar as fronteiras do concepto tradicional de autoría e que se move dentro dun concepto multimediático da literatura (acompáñase dun DVD e de autocolantes).

Estevo Creus é licenciado en Psicoloxía e foi tamén fundador do Grupo de Teatro Talía.

Obra publicada

editar

Poesía

editar

Obras colectivas

editar

Premios

editar